Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Luz

Sesión conxunta: tarefa

Imagen
Para a miña tarefa da sesión conxunta, vou a propor unha actividade que encaixaría nunha sesión de titoría. O tema a tratar serían as relacións, centrándose na identificación de relacións tóxicas e tamén no que se pode considerar “normal” cando tes unha parella. Creo que é un tema importante, especialmente tendo en conta a idade do alumnado da ESO; moitos estarán entrando nas súas primeiras relacións e algunhas poden chegar a ser problemáticas. Como docente de inglés, aproveitaría para utilizar a lingua nesta sesión; toda oportunidade é boa para que os alumnos practiquen coa lingua en situacións reais. Antes de comezar coa actividade, faría un pequeno warm up , dividindo á clase en grupos de 4-5. Primeiro pediríalles que cada grupo dixese características que debería ter unha parella ideal, e iria facendo unha lista no encerado coas suxestións. A continuación, faría o mesmo pero con carácterísticas de relacións tóxicas. Deste xeito acabariamos con dúas listas opostas, unha ao lado d...

Sesión final

Imagen
Na última sesión do mestrado, xuntámonos os dous grupos con Ana e con Luz e debatimos sobre diferentes temas. A verdade é que foi unha boa forma de rematar as clases, podendo aportar as nosas ideas nun ambiente bastante relaxado. Antes de comezar co debate, fixemos dúas actividades de warm up . A primeira fixémola en parellas ou en grupos de tres e en cada grupo, un alumno tiña o rol dun marciano que non coñecía nin o vocabulario máis simple. Polo tanto, os outros membros do grupo tiñan que intentar explicar e definir unha serie de palabras. É unha actividade graciosa que pode preparar ao alumnado para algunha actividade oral e non necesita ningunha preparación. Na segunda actividade, cada grupo tivo que pensar nas calidades que tiña a/o mellor docente que tivemos. Todos dixemos calidades moi importantes, pero no noso grupo destacamos a vocación e o respeto. Os docentes deben estar motivados para faceren o seu traballo e teñen que respetar ao grupo, tratando aos alumnos como adultos; ...

Sesión conxunta: reflexión

Imagen
Nesta sesión vimos unha gran variedade de temas xa que tivemos unha metade con Luz e a outra con Ana. Polo tanto, voume a centrar no aspecto que me pareceu máis interesante de cada parte. Na metade de Luz, gustoume moito cando falamos sobre a titoría. Xa tivemos unha materia sobre ela na que vimos a súa importancia, pero nesta sesión vimos outros exemplos que nos axudaron a aclarar as nosas ideas. En moitos casos, a hora de titoría malgástase como unha hora libre na que o titor ou titora corrixe exames. Esta foi a miña experiencia no instituto, e como estudantes, o único que faciamos era charlar ou estudar para algún exame que houbese na mesma semana. Son unha gran cantidade de horas perdidas que se poderían haber aproveitado para tratar cuestións importantes. O sistema educativo dalle moita importancia ás competencias clave, e a hora de titoría é o momento perfecto para tratar algunhas delas - para “aprender a ser persoas”. Un tema que se pode tratar nas titorías é a igual...

Luz: 3ª tarefa

A miña proposta para a actividade de produción escrita é un writing que se levaría a cabo despois de realizar dúas pequenas actividades orais. Como vimos na clase, sempre é boa idea contextualizar as tarefas escritas en vez de mandalas sen máis; deste xeito, o alumnado ten unha "razón" para facelas, o que pode aumentar a motivación. Levaría a cabo as actividades a partir de catro imaxes, que podedes ver neste link . Comezaría ensinando as imaxes individualmente, pedíndolle á clase que digan os adxectivos que se lles ocorran para cada unha delas. Algunhas das respostas que nos podemos esperar son: brave , amazing , beautiful , skilful , adventurous , cold , dangerous ou risky . Sería simplemente para repasar vocabulario e para que empecen a pensar nas imaxes, introducíndoas gradualmente. A continuación, dividiría á clase en grupos de 3-5 (dependendo do número de alumnos). Cada grupo tería que escoller unha das catro imaxes coma a favorita; daríalles cinco minutos par...

Luz: 3ª sesión

Imagen
Nesta sesión centrámonos na produción escrita. Persoalmente, tiña algunhas dúbidas sobre este tipo de actividades, xa que (polo xeral) necesitan máis tempo e son pouco interactivas. Non sabía se sería boa idea sacrificar varias horas de clase para facer unhas redaccións aburridas, cando se poderían aproveitar para facer outras actividades. Unha solución que vimos nesta sesión foi a idea de comezar a clase con outras actividades (de produción oral, por exemplo) que darían pé para finalizar a sesión cunha de escrita. Un dos exemplos que vimos foi empezar a clase ensinando uns vídeos de Got Talent para que o alumnado vote polo seu favorito, e terminar cunha redacción sobre o vídeo que gañou. Mandar a actividade escrita para o final permite deixala para que a fagan ou terminen na casa; deste xeito poden ver o vídeo as veces que queiran e escribir a redacción con tranquilidade. Ademais, as actividades previas á redacción dálles unha “razón” para escribila ao final, que é outro punto moi...

Luz: 2ª tarefa

Imagen
Para a miña actividade a partir dunha foto, comezaría cunha imaxe do Monte Everest que atopei en Google. Como non ten nada en especial, só faría unha pregunta: what mountain is this? Probablemente respondan correctamente ao instante; senón, simplemente lles daría esta pista: it’s the highest mountain on the planet . A continuación, preguntaríalles se lles gustaría chegar á cima algún día, e que explicasen brevemente as súas razóns. Unha vez o fagan, diríalles (bromeando) que é algo que recomendo e que foi algo que fixen eu o ano pasado. Ante as súas reaccións de incredibilidade, ensinaría a imaxe principal como “proba”. Trátase dunha foto miña na cima do Monte Washington, en New Hampshire. En canto a vexan, daríanse conta de que, evidentemente, estaba bromeando. Aproveitando esta imaxe, empezaría coa seguinte pregunta: Why are you so sure that this isn’t Mount Everest? As respostas que busco serían comentarios sobre a miña vestimenta e as condicións meteorolóxicas. A continuaci...

Luz: 2ª sesión

Imagen
Nesta sesión seguimos vendo actividades novas de xeito práctico, esta vez centrándonos na produción oral. Foron moitas e moi interesantes, e por fin puidemos ver como se utilizaron as curiosidades que escribimos sobre nós mesmos na primeira sesión. O crucigrama foi unha actividade simple pero moi divertida, que permite que os alumnos se coñezan un pouco máis mentres practican coa lingua, que é o máis importante. Para os alumnos, este tipo de actividades nas que poden andar pola clase facéndolles preguntas aos compañeiros, pode parecerlles “tempo libre” na aula. Están tan acostumados aos exercicios de repetición e ás actividades orais aburridas de sempre, que lles sorprende facer unha actividade interesante. Como docentes, deberíamos aprobeitar ao máximo este tipo de actividades na aula para incentivar a participación. Como dixemos na clase, os exercicios de repetición tamén son necesarios pero podémolos deixar para os deberes. A participación é fundamental para traballar coa p...

Luz: 1ª tarefa

Actividade “ would you rather ” Esta actividade está diseñada para a materia de inglés de 4º da ESO. Sería eficaz para traballar co uso de would e a second conditional , e a súa duración sería de 40 minutos. Este exemplo non está pensado para ningunha unidade didáctica en concreto, pero as preguntas pódense modificar para adaptarse á temática da unidade que sexa. Trátase dunha actividade de would you rather con cinco preguntas. Para cada unha delas, os alumnos terían que elixir unha de dúas opcións hipotéticas propostas e explicar as súas razóns. Empezaría dividindo a clase en parellas (escolleitas polo docente ou os propios alumnos, en función da clase) e expoñendo as cinco preguntas no proxector. Para comezar, 5 voluntarios leerían as preguntas en alto para que todos empezasen a ter ideas. Cada parella tería que chegar a un acordo para cada unha delas, ademáis de ter preparadas cinco frases utilizando o second conditional (por exemplo: If I could explore space, I would tr...

Luz: 1ª sesión

Imagen
Na primeira sesión que tivemos con Luz notei un enorme cambio con respecto ás outras clases. Foi evidente a súa experiencia como profesora de instituto, xa que nos puido aportar exemplos concretos tanto de actividades como de traballo feito por adolescentes; pódenos dar unha idea do que nos podemos esperar nas prácticas, que xa están cerca. Nesta sesión centrámonos nas competencias clave, que foron establecidas pola Unión Europea e que son indispensables para a formación dos cidadáns. Transmiten, entre outros, uns valores que fomentan o respecto cara as demais persoas, as culturas e o medio ambiente. As competencias clave coñecémolas dende o principio deste mestrado, e xa sabiamos que as hai que integrar na aula. Como profesores de linguas estranxeiras, resúltanos doado traballar coa competencia en comunicación lingüística, por exemplo; pero hai outras, coma a competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía que me deixaron con dúbidas. Por sorte, nesta...