Tema 2: Problemas no ensino de linguas estranxeiras

España debe cumplir uns obxetivos marcados pola Unión Europea en canto á educación para o ano 2020, algúns dos cales teñen que ver co ensino das linguas estranxeiras. Centranse en elementos coma o plurilingüismo, a mobilidade, a empregabilidade e o respeto pola diversidade cultural, como vimos no primerio tema. Na segunda clase centrámonos nos problemas que poden xurdir, por parte do alumnado, para o cumprimento destes obxectivos e que poden xurdir á hora de impartir clase de linguas estranxeiras. As dificultades ás que se verán enfrontados os docentes poden ser de diversos tipos: de madurez, dados aos cambios físicos e mentais que experimentan os adolescentes; problemas de saúde ou discapacidade, que poden desmotivar ou incluso aislar ao alumno ou alumna dos compañeiros; ou problemas sociais ou familiares, que poden levar tamén á desmotivación ou á exclusión. Son problemas que terá que ter en conta o profesorado dos centros educativos á hora de programar as actividades ou as sesións de titoría.


 O problema no que me vou a centrar nesta entrada é o económico; alumnas e alumnos de secundaria que pertencen a familias que sufren ou están en riesgo de pobreza e exclusión social. No Informe 2015 sobre el estado del sistema educativo do curso 2013-2014, explícase que os grupos de idade que presentan un maior riesgo de pobreza ou de exclusión social son os comprendidos entre os 6 e os 17 anos. En España, a probabilidade de que unha persoa cunha idade de entre 12 e 17 anos (a idade dos alumnos de secundaria) presente riesgo de pobreza ou de exclusión social é do 37,6%. Unha cifra que esta por encima da correspondente ao conxunto da Unión Europea, pero que esta por debaixo da de 6 países. Este dato en concreto pareceume sorprendente; significa que case catro de cada dez alumnos de secundaria poedría ter este tipo de problema. Polo tanto, é algo moi importante para ter en conta.

O problema económico ten unha variedade de aspectos negativos que poden ter repercusións na aula. Segundo este artigo do xornal ABC, unha parte considerable do alumnado pertence a familias con carencias económicas graves: con pais desempregados, dificultades para pagar o alquiler ou hipoteca, que non poden comer carne ou peixe 3 veces á semana ou que pasan frío no inverno, entre outros problemas. Esta situación ten repercusións no rendimento académico (que é un 24% máis baixo, segundo o artigo) e nas relacións sociais cos demáis alumnos. Pode reducir tamén a preocupación polo mundo global e dixital, xa que estes alumnos teñen preocupacións máis inmediatas co fogar ou a familia. Esto fai que perdan o interese por dominar unha lingua estranxeira ou a informática, que son dous dos obxectivos importantes da Union Europea de cara o ano 2020. Trátase dun problema realmente grave que pode perxudicar a educación, e polo tanto o futuro, destes alumnos e alumnas.

As cuestións mencionadas quizais sexan demasiado complexas para que as resolvan os docentes. Son problemas que teñen que ser resoltos dende a súa raíz, con medidas por parte do goberno español para mellorar a situación destas familias con carencias económicas. Non obstante, os docentes deben intentar axudar a este tipo de alumnos dentro das súas posibilidades. Pódese, por exemplo, limitar os exercicios que necesiten recursos informáticos á aula, por se algún alumno non dispón deles na casa. Con respeto ás linguas estranxeiras, é necesario ensinarlles a utilidade que poden ter na “vida real”, sobre todo para o mercado laboral actual. Tamén é importante fixarse nas sinais de exlusión por parte dos outros alumnos e informar ao titor ou titora. Se se da o caso, sería un tema interesante para tratar nas titorías, xa que é algo que pode ter unhas repercusións graves, sobre todo cando temos en conta que están na adolescencia.

En conclusión, hai unha variedade de problemas que se lles pode presentar aos docentes de linguas estranxeiras; un dos máis graves sendo o económico, que pode afectar ao rendimento académico e ao interese nas linguas estranxeiras, ademáis do benestar xeral do alumno ou alumna. Aínda que a solución deste tipo de problemas estea fora do alcance dos docentes, sempre hai medidas que se poden tomar para mellorar a experiencia educativa do alumnado que os sofre. Intentar, na medida do posible, que manteñan relacións sociais positivas co resto do alumnado e que teñan motivación para continuar cos seus estudos. Son dous elementos que son importantes en calquera contexto educativo e que deberían traballarse en tutorías para prever todo tipo de problemas que poderían surxir.

Referencias:

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. (2015). Informe 2015 sobre el estado del sistema educativo: curso 2013_2014. España: Secretaría General Técnica. Recuperado de: https://www.mecd.gob.es/educacion/mc/cee/publicaciones/informes-del-sistema-educativo/informe-2015.html


Pérez Barco, M. J. (3 de noviembre de 2013). ¿Las dificultades económicas de la familia afectan al rendimiento escolar de tu hijo?. ABC Familia. Recuperado de: http://www.abc.es/familia-educacion/20131103/abci-rendimiento-escolar-carencias-201310301251.html

Comentarios

  1. ¡Hola Pablo! Estoy muy de acuerdo contigo en cuanto a los problemas que la situación económica del alumnado puede provocar en cuanto a su éxito escolar. A mí también me sorprende que en un país tan desarrollado como España los niveles de pobreza puedan alcanzar cifras tan altas, y está claro que al ser causada por la crisis económica es una situación donde la mayor parte tendrá que ser resuelta por el gobierno. Sin embargo, como dices aquí en el blog, hay cosas que pueden hacer los profesores en al aula también. Me gusta tu idea de demostrar que los contenidos tienen un impacto en el ‘mundo real’, pero yo diría también que el peligro aquí es que alumnos que están en riesgo de exclusión a lo mejor ven una conexión entre el mundo laboral y las lenguas extranjeras, pero quizás no entre su vida diaria y el mundo laboral, y especialmente los puestos de alto nivel. En mi blog sugiero una solución a este problema, al proponer un sistema de mentores donde los alumnos pueden ver ejemplos de personas del mismo contexto que han conseguido tener éxito en el trabajo o en los estudios. ¡Léelo aquí, y dime lo que piensas!

    https://lenguasencontexto.blogspot.com.es/2017/11/los-problemas-con-la-ensenanza-de.html

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Sesión conxunta: reflexión

Ana: 2ª sesión

Sesión final