Sesión conxunta: reflexión
Nesta sesión vimos unha gran variedade de temas xa que tivemos unha metade con Luz e a outra con Ana. Polo tanto, voume a centrar no aspecto que me pareceu máis interesante de cada parte. Na metade de Luz, gustoume moito cando falamos sobre a titoría. Xa tivemos unha materia sobre ela na que vimos a súa importancia, pero nesta sesión vimos outros exemplos que nos axudaron a aclarar as nosas ideas. En moitos casos, a hora de titoría malgástase como unha hora libre na que o titor ou titora corrixe exames. Esta foi a miña experiencia no instituto, e como estudantes, o único que faciamos era charlar ou estudar para algún exame que houbese na mesma semana. Son unha gran cantidade de horas perdidas que se poderían haber aproveitado para tratar cuestións importantes. O sistema educativo dalle moita importancia ás competencias clave, e a hora de titoría é o momento perfecto para tratar algunhas delas - para “aprender a ser persoas”.
Un tema que se pode tratar nas titorías é a igualdade de xénero. Pódese facer de moitas formas, pero o exemplo que vimos nesta sesión foi a través de un vídeo que nos ensinaba como un grupo de rapaces pequenos xa tiñan ideas preconcebidas sobre as profesións; daban por feito que un médico ou un bombeiro sería un home. Este en concreto creo que é un tema importante a tratar nun instituto e, como comentamos na clase, os temas que elixamos van a depender do contexto de cada grupo. É posible que haxa que descartar algunha actividade planeada para tratar a convivencia, a resolución de conflictos ou o bullying se hai algunha incidencia no centro. Os titores poden ensinar valores importantes nesta hora, en vez de deixar que os alumnos teñan 50 minutos libres. Ademáis, como docentes de linguas, sempre podemos incluír elementos da materia de inglés. Se se utiliza o inglés para tratar temas importantes, os alumnos percibirán a lingua como unha forma real de comunicación, e non como unha asignatura máis.
Na metade de Ana, gustoume o pequeno debate que tivemos sobre as seccións bilingües. Como xa comentei, eu tiven a materia de historia en inglés e foi unha experiencia moi positiva para min e para os meus compañeiros. Tiñamos un profesor que explicaba os contidos totalmente en inglés, con paciencia e dun xeito que facilitaba a comprensión. Os materiais que utilizabamos para estudar e os apuntes tamén estaban en inglés. Pero a pesar de todo iso, había alumnos que non se sentían cómodos facendo os exames nunha lingua estranxeira - sobre todo a pregunta de resposta larga. Por esa razón, tiñamos a opción de responder en castelán; facelo en inglés simplemente puntuaba extra. Grazas a este sistema, había alumnos que se motivaban a facer os exames en inglés polo simple feito de que era máis fácil aprobar.
Este último punto é algo estupendo en canto á lingua estranxeira, pero quizais non tanto para os contidos de historia. Neste caso concreto, diría que é un aspecto negativo da sección bilingüe. Está ben fomentar o uso da lingua, pero non creo que sexa xusto que un alumno con menos coñecementos históricos obteña mellor calificación por escribilos en inglés. Outro aspecto negativo da miña experiencia foi a incorporación dun substituto con nivel baixo de inglés tras a baixa inesperada do profesor. Nun caso coma este, se non hai un substituto cun nivel alto de inglés, o mellor é ter a materia en castelán ou en galego durante unhas semanas. Se non, acaban sendo unhas clases frustrantes - tanto para o alumnado como para o docente. En conclusión, creo que a sección bilingüe é algo moi positivo. Os dous aspectos negativos que mencionei son de un caso moi específico, e a pesar deles, seguiu sendo unha experiencia produtiva. Sempre vai ser algo opcional para o alumnado, e o uso da lingua estranxeira nunca os vai a perxudicar.
Encántame que sexa precisamente un home o que considere importante tratar temas de igualdade. Xusto logo do grande 8 de marzo que acabamos de vivir, a igualdade só se acada se todos remamos xuntos, homes e mulleres. Serás un estupendo titor!
ResponderEliminarGústame que fales de "aprender a ser persoas", non somos só transmisores de coñecementos no centro.
ResponderEliminarNon fas reflexión sobre os auxiliares de conversa.