Ana: 2ª sesión

Nesta sesión centrámonos na comprensión escrita e fixemos unha variedade de actividades prácticas que nos van servir para utilizar no futuro. Unha das que fixemos ao principio da sesión pareceume moi interesante polo que lle transmite aos alumnos. Foi simplemente un pequeno texto con dúas preguntas, que en principio non parece nada especial. O peculiar deste texto é que cando o empezas a ler, dáste conta rapidamente de que non coñeces un número importante de palabras porque son inventadas. Como docentes, podemos decirlles aos alumnos que son palabras dun nivel moi alto; non creo que sexa boa idea darlles o texto sen máis xa que se poden agobiar ao non entendelas. A finalidade do exercicio é que o alumnado se de conta de que son capaces de entender e de responder preguntas sobre un texto aínda que non entendan todas as palabras.


Hai moitos estudantes que se bloquean nas actividades de comprensión escrita cando se atopan con algunha palabra descoñecida. Dálles a sensación de que necesitan entender todas e cada unha delas para comprender o texto, pero non é verdade; de feito, cando lemos un texto na nosa lingua materna, saltamos as palabras que non coñecemos sen darlle ningunha importancia. Coa actividade que acabo de mencionar, deberían entender que o máis importante é captar o sentido xeral dos textos; nunca é necesario que coñezan todas as palabras para facer o que se lles pide (contestar a algunhas preguntas, por exemplo). Como docentes, debemos ensinarlles as estratexias necesarias de comprensión escrita para que sexa así. Dito iso, sempre é boa idea repasar as palabras que non coñecen ao final das actividades de lectura para que aprendan vocabulario novo.

Para a comprensión escrita, temos que tratar de despertar a curiosidade dos alumnos, utilizando textos interesantes e propoñendo actividades interactivas. Persoalmente, custabame bastante deseñalas xa que como estudante, o único que facía era ler textos para responder a unha serie de preguntas - nada interesante.  Nesta sesión, como xa esperaba, puiden ver exemplos de actividades que vou a utilizar no futuro sen dúbida. A que máis me gustou foi a dos catro textos de deportes extraños. Ademais do contido absurdo do material, o feito de que cada grupo teña que defender o deporte que lle tocou incita a que presten especial atención ao que están lendo. Outra vantaxe é que mezcla a comprensión escrita coa comprensión e produción oral. Como nos comentara Luz na sesión anterior, as destrezas das linguas son múltiples (non só speaking, listening, reading, e writing) e non debemos separalas.


Vimos outras actividades diferentes, que xogaban cos homophones e os sinónimos (útil para ver vocabulario, sobre todo no caso dos adxectivos). Tamén vimos as etapas que, polo xeral, deberían ter as tarefas de comprensión escrita: pre-lectura, primeira lectura, segunda/terceira lectura e post-lectura. Isto é algo que pode parecer obvio, pero ter este modelo básico á nosa disposición vai a ser moi práctico á hora de deseñar actividades. O libro que nos ensinou Ana, Humanising Your Coursebook: activities to bring your classroom to life (Mario Rinvolucri), tamen sería unha boa fonte de ideas para motivar ao alumnado. En conclusión, temos que procurar que os exercicios de comprensión escrita sexan tan interesantes coma os demais, tendo sempre en conta a función comunicativa e as outras destrezas da lingua. Non podemos dar por suposto que teñen que ser aburridos só porque o eran nas nosas clases de linguas.

Comentarios

  1. A min tamén me pareceu moi interesante a actividade do texto con palabras inventadas. Como ti ben contas, porque conseguimos que se decaten que non é esencial entender a totalidade do texto, senon simplemente saber a grandes rasgos de que vai e que se pregunta (ademais tamén se decatan que por contexto poden deducir o significado dalgunhas palabras que non coñecen). En canto a túa reflexión estou completamente de acordo: non temos que plantexar actividades non comunicativas, aburridas e desmotivadoras polo feito de que nos tamén as fixesemos e aprendimos así. Porén, ao ter estas prácticas tan anquilosadas no noso subconsciente (levámolo vendo e facendo como alumnos durante toda a nosa etapa educativa, incluido o ámbito universitario) ás veces resulta bastante complicado afastarse delas, polo que sempre ven ben ver que existen exemplos de outras actividades que si funcionan e que interesan os alumnos con bos resultados.

    ResponderEliminar
  2. Alégrome de que a sesión fose tan proveitosa para ti.
    Precisamente se as vosas clases as recordades tan pouco comunicativas e tan aburridas e pouco proveitosas é cando tedes que facer o "esforzo" por cambiar todo iso. Para conseguilo simplemente hai que crer no que un fai porque sabe que é así como hai que facelo. O dato de que os rapaces leven estudando inglés toda a vida e non saiban decir dúas frases seguidas, somos nós os que temos que cambialo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Sesión conxunta: reflexión

Sesión final