Entradas

Sesión conxunta: tarefa

Imagen
Para a miña tarefa da sesión conxunta, vou a propor unha actividade que encaixaría nunha sesión de titoría. O tema a tratar serían as relacións, centrándose na identificación de relacións tóxicas e tamén no que se pode considerar “normal” cando tes unha parella. Creo que é un tema importante, especialmente tendo en conta a idade do alumnado da ESO; moitos estarán entrando nas súas primeiras relacións e algunhas poden chegar a ser problemáticas. Como docente de inglés, aproveitaría para utilizar a lingua nesta sesión; toda oportunidade é boa para que os alumnos practiquen coa lingua en situacións reais. Antes de comezar coa actividade, faría un pequeno warm up , dividindo á clase en grupos de 4-5. Primeiro pediríalles que cada grupo dixese características que debería ter unha parella ideal, e iria facendo unha lista no encerado coas suxestións. A continuación, faría o mesmo pero con carácterísticas de relacións tóxicas. Deste xeito acabariamos con dúas listas opostas, unha ao lado d

Sesión final

Imagen
Na última sesión do mestrado, xuntámonos os dous grupos con Ana e con Luz e debatimos sobre diferentes temas. A verdade é que foi unha boa forma de rematar as clases, podendo aportar as nosas ideas nun ambiente bastante relaxado. Antes de comezar co debate, fixemos dúas actividades de warm up . A primeira fixémola en parellas ou en grupos de tres e en cada grupo, un alumno tiña o rol dun marciano que non coñecía nin o vocabulario máis simple. Polo tanto, os outros membros do grupo tiñan que intentar explicar e definir unha serie de palabras. É unha actividade graciosa que pode preparar ao alumnado para algunha actividade oral e non necesita ningunha preparación. Na segunda actividade, cada grupo tivo que pensar nas calidades que tiña a/o mellor docente que tivemos. Todos dixemos calidades moi importantes, pero no noso grupo destacamos a vocación e o respeto. Os docentes deben estar motivados para faceren o seu traballo e teñen que respetar ao grupo, tratando aos alumnos como adultos;

Sesión conxunta: reflexión

Imagen
Nesta sesión vimos unha gran variedade de temas xa que tivemos unha metade con Luz e a outra con Ana. Polo tanto, voume a centrar no aspecto que me pareceu máis interesante de cada parte. Na metade de Luz, gustoume moito cando falamos sobre a titoría. Xa tivemos unha materia sobre ela na que vimos a súa importancia, pero nesta sesión vimos outros exemplos que nos axudaron a aclarar as nosas ideas. En moitos casos, a hora de titoría malgástase como unha hora libre na que o titor ou titora corrixe exames. Esta foi a miña experiencia no instituto, e como estudantes, o único que faciamos era charlar ou estudar para algún exame que houbese na mesma semana. Son unha gran cantidade de horas perdidas que se poderían haber aproveitado para tratar cuestións importantes. O sistema educativo dalle moita importancia ás competencias clave, e a hora de titoría é o momento perfecto para tratar algunhas delas - para “aprender a ser persoas”. Un tema que se pode tratar nas titorías é a igual

Ana: 3ª sesión

Imagen
O que vou a destacar desta sesión é a utilización dos libros de texto na aula de linguas estranxeiras. Estes libros poden servir como guías para dar clase, con diferentes unidades centradas en temas concretos, vocabulario, pequenas explicacións de gramática e exercicios para practicar todo; algúns teñen incluso algunhas páxinas entre cada bloque de tres temas para facer un pequeno repaso. Como nos dixo Ana, seguindo un libro de texto calquera persoa pode dar clase. Pero como todos sabemos, os contidos e as actividades que propoñen os libros non sempre son as mellores. Non podemos contar con que un libro de texto nos proporcione actividades interactivas e personalizadas. Como docentes, podemos utilizar o libro como unha guía xeral de contidos para organizarnos. Podemos seguir os temas e a dirección xeral, pero sempre modificando e seleccionando os contidos para que se adapte á nosa metodoloxía. A maioría das actividades que vimos ata agora nesta clase foron interactivas e diver

Luz: 3ª tarefa

A miña proposta para a actividade de produción escrita é un writing que se levaría a cabo despois de realizar dúas pequenas actividades orais. Como vimos na clase, sempre é boa idea contextualizar as tarefas escritas en vez de mandalas sen máis; deste xeito, o alumnado ten unha "razón" para facelas, o que pode aumentar a motivación. Levaría a cabo as actividades a partir de catro imaxes, que podedes ver neste link . Comezaría ensinando as imaxes individualmente, pedíndolle á clase que digan os adxectivos que se lles ocorran para cada unha delas. Algunhas das respostas que nos podemos esperar son: brave , amazing , beautiful , skilful , adventurous , cold , dangerous ou risky . Sería simplemente para repasar vocabulario e para que empecen a pensar nas imaxes, introducíndoas gradualmente. A continuación, dividiría á clase en grupos de 3-5 (dependendo do número de alumnos). Cada grupo tería que escoller unha das catro imaxes coma a favorita; daríalles cinco minutos par

Ana: 2ª sesión

Imagen
Nesta sesión centrámonos na comprensión escrita e fixemos unha variedade de actividades prácticas que nos van servir para utilizar no futuro. Unha das que fixemos ao principio da sesión pareceume moi interesante polo que lle transmite aos alumnos. Foi simplemente un pequeno texto con dúas preguntas, que en principio non parece nada especial. O peculiar deste texto é que cando o empezas a ler, dáste conta rapidamente de que non coñeces un número importante de palabras porque son inventadas. Como docentes, podemos decirlles aos alumnos que son palabras dun nivel moi alto; non creo que sexa boa idea darlles o texto sen máis xa que se poden agobiar ao non entendelas. A finalidade do exercicio é que o alumnado se de conta de que son capaces de entender e de responder preguntas sobre un texto aínda que non entendan todas as palabras. Hai moitos estudantes que se bloquean nas actividades de comprensión escrita cando se atopan con algunha palabra descoñecida. Dálles a sensación de que

Luz: 3ª sesión

Imagen
Nesta sesión centrámonos na produción escrita. Persoalmente, tiña algunhas dúbidas sobre este tipo de actividades, xa que (polo xeral) necesitan máis tempo e son pouco interactivas. Non sabía se sería boa idea sacrificar varias horas de clase para facer unhas redaccións aburridas, cando se poderían aproveitar para facer outras actividades. Unha solución que vimos nesta sesión foi a idea de comezar a clase con outras actividades (de produción oral, por exemplo) que darían pé para finalizar a sesión cunha de escrita. Un dos exemplos que vimos foi empezar a clase ensinando uns vídeos de Got Talent para que o alumnado vote polo seu favorito, e terminar cunha redacción sobre o vídeo que gañou. Mandar a actividade escrita para o final permite deixala para que a fagan ou terminen na casa; deste xeito poden ver o vídeo as veces que queiran e escribir a redacción con tranquilidade. Ademais, as actividades previas á redacción dálles unha “razón” para escribila ao final, que é outro punto moi