Tema 6: Metodoloxía CLIL/AICLE - DIARIO
Este tema
pareceume moi interesante, sobre todo a parte das seccións bilingües. A
importancia de aprender unha lingua estranxeira hoxe en día está clara – non vou
a repetir o de sempre; pero hai quen pensa tamén que hai demasiada obsesión por
aprender inglés, por exemplo. Estase convertindo nunha necesidade para encontrar
traballo e cada vez hai máis pais que mandan aos fillos a academias cando teñen
só catro ou cinco anos. Agora o plan EDUlingüe pretende que o 30% dos docentes
de Galicia teñan un nivel C1 certificado en dous anos, como comentei no dosier;
algo que sería moi complicado incluso tendo unha base na lingua. Coas sección bilingües
hai materias non lingüísticas, coma xeografía ou historia, que se imparten en
inglés. Está claro que cada vez hai máis presión co aprendizaxe do inglés, e aínda
que non estou a favor dos outros puntos que mencionei, creo que as seccións
bilingües poden ser algo moi positivo.
Aprender un
idioma a través dos contidos de outra materia pode ser moi beneficioso.
Recordame a un TEDx Talk que mencionei na entrada do tema 1. Nel, un profesor da
Universidade de Porto Rico que imparte clases de inglés explica como fai para “enseñar
inglés sen enseñar inglés”. O que fai é sacar un tema de conversación na clase,
normalmente algúnha noticia máis ou menos polémica, para que o alumnado se
motive a falar inglés. En vez de ensinar contidos gramaticais, utiliza este
método para que utilicen a lingua de forma práctica. Na exposición afirma que é
capaz de motivar incluso a aqueles alumnos aos que lles custa máis participar.
Como queren expresar a súa opinión, fan o esforzo de falar; tamén nota como se
preguntan entre eles como decir certas palabras ou expresións en inglés. O
feito de utilizar a lingua estranxeira que están estudando nunha conversación “real”
motívaos e fai que participen. Tedes aquí o vídeo por se o queredes ver.
Nas sección bilingües
trabállase coa lingua dunha forma parecida. Non a van utilizar necesariamente
para expresar opinións coma no exemplo que acabo de poñer, pero si que a
utilizan como un medio para aprender outros contidos. Terían que aprender vocabulario
da materia en inglés, por exemplo, para poder utilizalo nas actividades. Eu
tiven a materia Historia do mundo
contemporáneo de 4º da ESO en inglés no instituto IES Leliadoura. As
clases impartíanse totalmente en inglés a non ser que fixera falta algunha aclaración.
Os exames tamén estaban en inglés pero permitían contestar en galego ou
castelán; a vantaxe de facelos en inglés era que daban puntos extra: se contestabas
ben a unha pregunta de 2 puntos en inglés, esa pregunta daría 2,5 ou 3 puntos. Ese
sistema (ademáis de facilitar o aprobado), motivábanos a estudar os contidos na
lingua estranxeira.
En conclusión,
creo que as seccións bilingües son unha forma moi interesante de fomentar a
aprendizaxe das linguas estranxeiras. Teñen moito potencial para motivar e
mellorar as catro destrezas do alumnado. Tanto eu como os meus compañeiros de
clase recordámolo como unha experiencia moi positiva.
Comentarios
Publicar un comentario