Ana: 1ª sesión
Nesta primeira sesión con Ana seguimos vendo exemplos prácticos de exercicios que podemos utilizar na aula, centrándonos na comprensión oral. Para comezar, ademais de ensinarnos dúas actividades que serven para acordarnos dos nomes do alumnado, Ana dounos uns consellos bastante interesantes. Cando nos enfrontemos a un grupo novo, o principio é fundamental. A nosa actitude e as súas reaccións nas primeiras clases van a condicionar as opinións que teñan sobre a materia e o docente. Se empezamos a primeira semana con actividades divertidas e dinámicas, é probable que o alumnado teña unha actitude máis positiva a próxima vez que entremos na aula; unha actitude que pode mellorar o comportamento e a motivación durante as horas da materia que impartimos.
Cando un grupo non colabora, é moi fácil culpar á adolescencia, pero a realidade é que moitas veces son os propios docentes os que crean ambientes negativos na aula. Se nos dedicamos a facer exercicios aburridos, nos centramos na escrita, non deixamos que os alumnos falen entre eles e non explicamos dun xeito claro como imos a avaliar, é normal que a materia de lingua estranxeira non sexa a súa preferida. Además, se queremos que o grupo estea motivado, nós tamén debemos estalo. Recordo a dous profesores de instituto que tiven no mesmo ano: un de inglés que mantiña unha actitude positiva todo o ano, e un de química que parecía que cada día tiña menos ganas de dar clase. As actitudes que tiñan os grupos fronte a estes dous profesores eran totalmente opostas. Nun caso coma este, o feito de ser adolescentes non é o factor decisivo, senón que o é a competencia dos docentes.
Un dos retos máis complicados para os docentes que vimos nesta sesión é o de crear motivación intrínseca na aula. Trátase dun tipo de motivación que provén do interior, e non de algún factor externo coma as calificacións. Pode que algúns alumnos teñan este tipo de motivación porque lles gusta especialmente aprender inglés: algo que quizais podamos conseguir se as nosas clases son agradables. Outra forma de motivar aos alumnos deste xeito é plantexando actividades coma o show and tell, que vimos nesta sesión. É unha actividade que lles permite levar un obxecto cun valor persoal á clase, para que poidan falar del; se é verdade que aos adolescentes lles gusta falar deles mesmos, esta é unha boa forma de motivalos. Unha actividade na que teñan que elaborar un vídeo, por exemplo, quizais motive a un unha alumna que desfruta gravando ou editando vídeos. Crear motivación intrínseca é complicado, e motivar a un grupo enteiro deste xeito paréceme un obxectivo imposible; pero é algo que deben intentar os docentes, especialmente con aqueles alumnos ou alumnas que coñecen mellor.
Por último, quería mencionar que nesta sesión vimos unha ampla variedade de actividades. Non foi o único, xa que tamén vimos outros contidos coma as diferencias entre exercicio, actividade e tarefa, pero persoalmente pareceume o máis útil e produtivo da sesión (e de todo o mestrado, tamén). Actividades que imos poder meter na nosa “mochila” e que realmente nos van a servir cando sexamos docentes; o último que me esperaba era que un ditado puidese ser divertido. En xeral, foi unha sesión práctica da cal saímos con ideas e recursos moi útiles.
Encántame que consideres a sesión interesante e útil e que poidas comezar a encher a túa mochila personal.
ResponderEliminar