Actividade sesión virtual
Nesta entrada vou a publicar a
actividade correspondente á sesión virtual do día 20 de diciembre. Deseñei dúas
actividades elixindo unha metodoloxía pedagóxico-didáctica diferente para cada
unha. A primeira vai ser por proxectos e para a segunda elixín o método
comunicativo. As dúas serian para a materia de primeira lingua estranxeira
(inglés) de primeiro de bacharelato. Pertencen a unha unidade didáctica
centrada na temática do medio ambiente, que pode dar moito xogo á hora de
debatir e buscar información.
Aprendizaxe por proxectos
O aprendizaxe por proxectos é
unha metodoloxía pedagóxico-didáctica coa que a clase se centra arredor dunha
tarefa principal. Todos os contidos e exercicios van a estar deseñados de cara
a realizar esa tarefa, que é o obxectivo final do proxecto. Durante o proceso,
os alumnos son os protagonistas do proceso de aprendizaxe; traballan en grupos,
utilizando a lingua inglesa coma unha ferramenta para desarrollar tanto as
catro destrezas (listening, speaking, reading e writing) coma
as competencias clave do currículo. O papel do docente vai ser de guía,
axudando a queles grupos que están perdidos ou que non encontran a motivación.
As vantaxes desta metodoloxía son
numerosas. O feito de ter un obxectivo a largo prazo, para o cal están
traballando, pode motivar ao alumnado; e traballar en grupos con actividades
que fomentan a interacción pode conseguir o mesmo. No “final do proxecto”
poderán ensinar todo o que fixeron ou demostrar todo o que aprenderon. Ademáis,
a autonomía deste método fai que o alumnado se responsabilice do seu proceso de
aprendizaxe.
Esta metodoloxía tamén ten
algunhas vantaxes para os docentes. Permite integrar as catro destrezas básicas
nun só proxecto e é relativamente fácil integralo en calquera unidade
didáctica. Na materia de linguas estranxeiras é especialmente sinxelo, xa que
se pode traballar coas linguas sexa cal sexa a temática principal. Neste caso, como mencionei antes, o tema vai ser sobre
o medio ambiente, polo que aprenderán vocabulario sobre a contaminación e o
cambio climático.
A miña proposta é bastante
sinxela. O proxecto final sería a elaboración de dous blogs: un no que se van a
publicar entradas sobre datos reáis sobre o cambio climático e o que podemos
facer para frenalo; e outro (con contido menos serio) no cal se van a publicar
entradas que rexeitan a idea do cambio climático e que intentan argumentar de
algunha maneira que non existe. Os alumnos van a estar divididos en catro
grupos dende un principio, e cada grupo tería que publicar unha entrada en cada
blog despois de facer cada unha das catro actividades seguintes:
- Unha actividade inicial utilizando a aplicación Kahoot!, que todos coñecemos, con preguntas que comproban o coñecemento de vocabulario relevante ao tema; algunhas palabras serían básicas e outras máis específicas. Faríase en grupos pequenos e coa expectativa de que non coñezan moitos dos termos, xa que é o primeiro contacto co tema. Ao terminar o xogo, terían que buscar os significados das palabras e intentar formar algunha frase con elas.
- Na segunda actividade, propondríalles unha lista de accións que se poderían tomar para frenar o cambio climático. Algunhas son moi sinxelas de levar a cabo, e outras requiren moito tempo e esforzo. Os alumnos terían que discutir e comentar sobre cales poderían levar a cabo persoalmente nos próximos sete días. Terían que explicar tamén por qué as outras non son opcións posibles para eles. Tedes aquí a lista.
- A terceira é de lectura. Terían que ler un texto no que se rexeita a idea do cambio climático ou a contaminación en xeral (un artigo dun periódico do estilo The Onion, ou un coma este). Sería un texto algo máis complexo do habitual, polo que empezarían buscando palabras e expresións que non entenden. Despóis, terían que identificar os argumentos do texto e rexeitalos / comentalos nun pequeño texto escrito en grupos.
- Para a cuarta actividade, propoño unha táboa na que hai unha serie de worries: elementos que poden causar preocupación en canto á contaminación, coma a auga ou o clima. Os alumnos terían que indicar o grao de preocupación que senten por cada elemento, explicar por qué e dar unha idea para solucionar o problema. Tedes aquí a táboa.
Como vedes, as actividades
céntranse no speaking pero tamén hai
elementos de reading e writing, sobre todo tendo en conta as
entradas dos dous blogs. Algúns dos problemas que poden surxir son o uso
excesivo do castelán nas actividades de grupo e a posibilidade de que algúns
dos alumnos non participen.
Obxectivos didácticos:
- Recoñecer o vocabulario da unidade.
- Argumentar un punto de vista, incluso se non é a do propio alumno.
- Analizar e interpretar información de diversas fontes.
- Formular frases simples e relevantes para a unidad.
Contidos:
- B1.2. Recoñecemento dos marcadores conversacionais máis común: verificadores, expresivos, aprelativos e fáticos.
- B2.1. Estratexias de producción: Planificación e execución.
- B3.1. Estratexias de comprensión.
- B4.1. Estratexias de producción: Planificación e execución.
- B4.4. Revisión
Criterios de avaliación:
- B2.2. Amosar a fluidez necesaria para manter a comunicación e garantir o obxectivo comunicativo principal da mensaxe, aínda que poida haber algunhas pausas, para buscar palabras e vacilacións na expresión dalgunhas ideas máis complexas.
- B3.1. Coñecer e saber aplicar as estratexias adecuadas para comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais, os detalles relevantes do texto, a información, as ideas e as opinións, tanto implícitas como explícitas, claramente sinalizadas.
- B4.1. Coñecer, seleccionar e aplicar as estratexias máis adecuadas para elaborar textos escritos de estrutura clara e de certa lonxitude, por exemplo, desenvolvendo os puntos principais e ampliándoos coa información necesaria, a partir dun guión previo.
Estándares de aprendizaxe:
- PLEB2.1. Participa con eficacia en conversas informais cara a cara ou por teléfono, ou por outros medios técnicos, nas que describe con certo detalle feitos, experiencias, sentimentos e reaccións, soños, esperanzas e ambicións, e responde adecuadamente a sentimentos como a sorpresa, o interese ou a indiferenza.
- PLEB2.8. Coopera na interacción verificando a comprensión propia e das demais persoas, e cooperando activamente na realización das tarefas de comunicación.
- PLEB4.1. Escribe, en calquera soporte, informes breves nos que dá información pertinente sobre un tema educativo, ocupacional, ou menos habitual.
Competencias: CCL, CD, CPAA, CSC
Enfoque Comunicativo
O enfoque comunicativo para o
ensino de linguas estranxeiras céntrase en recrear situacións comunicativas
reáis – tanto de forma oral coma escrita. Pódense utilizar textos ou grabacións
auténticas e as actividades procuran imitar a realidade dentro da aula. Polo
tanto, a lingua deixa de ser un conxunto de elementos gramaticáis e de
vocabulario que os alumnos teñen que aprender mediante a repetición. Con este
enfoque enfatízase o uso da lingua estranxeira a través da interacción para que
o alumnado poida ver unha utilidade real no seu uso.
É posible traballar as catro
destrezas con este método pero as que máis se traballan son o listening e o speaking. Algúns exemplos de actividades con este método son
aprender ensinando, enquisas, intercambio de idiomas, role playing, ou entrevistas; actividades que poderían formar parte
dun sistema por proxectos. Permiten todo tipo de
interaccións tanto entre o alumnado coma con xente de fóra (entrevistas a
peregrinos, por exemplo).
A miña proposta sería unha
actividade de debate. Seguindo coa temática da anterior, e aproveitando os
contidos dos dous blogs, sería un debate no que unha metade da clase
argumentaría a importancia do cambio climático e a outra argumentaría a súa
insignificancia ou inexistencia (coma un role
play). Antes do debate, os alumnos poderían ver un anaco do documental An Inconvenient Truth (2006) ou An Inconvenient Sequel: Truth to Power (2017)
na clase con subtítulos en castelán.
Serviría para ver datos e argumentos reais sobre o tema antes de facer a
actividade principal. En canto ao debate, os alumnos colocaríanse en dous
grupos, un frente o outro e empezarían debatindo, respetando sempre os turnos
dos demáis. O docente podería intervir no caso de que queden calados e
valoraríase a participación, o uso de vocabulario relevante e a habilidade de
transmitir os argumentos de xeito claro e ordeado.
Obxectivos didácticos:
- Interpretar o contido dos textos orais e identificar os puntos principais.
- Argumentar un punto de vista, incluso se non é a do propio alumno.
Contidos:
- B1.1. Estratexias de comprensión.
- B1.2. Recoñecemento dos marcadores conversacionais máis comúns.
Criterios de avaliación:
- B1.1. Coñecer e saber aplicar as estratexias adecuadas para comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais, os detalles relevantes ou a información, as ideas e as opinións, tanto implícitas como explícitas do texto, se están claramente sinaladas.
- B2.2. Amosar a fluidez necesaria para manter a comunicación e garantir o obxectivo comunicativo principal da mensaxe, aínda que poida haber algunhas pausas, para buscar palabras e vacilacións na expresión dalgunhas ideas máis complexas.
Estándares de aprendizaxe:
- PLEB1.3. Comprende, nunha conversa formal na que participa, no ámbito educativo ou ocupacional, información detallada e puntos de vista e opinións sobre temas da súa especialidade e relativos a actividades e procedementos cotiáns e menos habituais, sempre que poida expor preguntas para comprobar que comprendeu o que o interlocutor quixo dicir e conseguir aclaracións sobre algúns detalles.
- PLEB2.1.
- PLEB2.4. Compensa as carencias lingüísticas con certa naturalidade pedíndolle axuda ao seu interlocutor, e mediante procedementos lingüísticos, como a paráfrase ou a explicación, e paralingüísticos.
Competencias: CCL, CPAA, CSC
Comentarios
Publicar un comentario