Tema 1: O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas

Nesta primeira clase falamos sobre o Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCERL), que nos proporciona unha descripción dos coñecementos e das destrezas necesarias para comunicarse nunha lingua extranxeira. Comentamos sobre varios dos seus puntos fundamentais, como por exemplo o contexto político e educativo. Nel destácase, entre outros elementos, a importancia de facilitar a cooperación entre as institucións educativas de distintos países, de preparar aos europeos para unha mobilidade internacional e de tolerar e respetar a diversidade cultural. Outros puntos importantes son o enfoque orientado á acción (no cal me vou a centrar nesta entrada), os niveis comúns de referencia, os diferentes contextos nos que os alumnos poderían facer uso das linguas estranxeiras, a conciencia intercultural que proporcionan as linguas, a propia aprendizaxe e os diferentes factores a ter en conta para a elaboración de tarefas. Destácase tamén a necesidade, a nivel europeo, de que os cidadáns coñezan polo menos dúas linguas estranxeiras. De feito, establecéronse os seguintes obxectivos no ano 2012: que o 50% dos xóvenes de 15 anos poidan manexarse como usuarios independentes (un B1 do MCERL) na primeira lingua estranxeira e que o 75% dos alumnos da ESO primeira etapa estén matriculados nunha segunda lingua estranxeira. Son todos elementos e datos importantes para ter en conta como futuros docentes.



Dos aspectos mencionados, o que me pareceu máis interesante foi o enfoque orientado á acción. Trátase da realización de tarefas que non son soamente de carácter lingüístico e que non son rutinarias nin automáticas, pero que requiren o uso de estratexias comunicativas. Anque os exercicios repetitivos de gramática e de vocabulario poden ser de gran axuda, a competencia lingüística pódese traballar de formas máis activas e prácticas. Ler, falar, seguir un tutorial ou participar en conversacións en liña son todas actividades cas que se pode mellorar as destrezas nunha lingua estranxeira. Son todas situacións reais nas que se utiliza a lingua de forma natural por interese propio ou para acadar algún obxectivo. Este tipo de actividades tamén son posibles nas aulas gracias á gran cantidade de recursos que hai na rede, o que podría romper a monotonía e a superficialidade das actividades ás que estamos afeitos.

Ese non é o único aspecto positivo do enfoque orientado á acción. Esa gran cantidade de recursos posibilita unha amplia variedade de actividades entre as cales o profesorado podrá escoller a mais axeitada para cada situación ou cada grupo de alumnos; actividades que crean ou simulan situacións reais de uso da lingua e nas que o alumnado podería ver unha verdadeira utilidade incluso para aplicar fora da aula. Esto pode aumentar a motivación da alumna ou alumno en canto a realizar a propia actividade e pode tamén despertar un interese pola lingua unha vez entenda e experimente ese uso práctico. Este enfoque tamén permite traballar coa lingua a través de calquera temática, o que permite captar a atención dos alumnos con temas que son útiles para eles ou que lles parecen interesantes. Desarrollarían as súas destrezas na lingua estranxeira dun xeito case inconsciente mentras debaten, xogan ou len.

Hai moitas posibilidades á hora de poñer en práctica este enfoque nunha aula de secundaria; todo depende da creatividade do profesorado e dos intereses e a motivación do alumnado. Un exemplo concreto que se podría aplicar é o que nos expón Roberto Guzman neste “TEDx Talk”. Guzman é un profesor da Universidade de Porto Rico que imparte clases de inglés e utiliza un método ao que el lle chama “ensinar inglés sen ensinar inglés”. Trátase de sacar un tema da actualidade na clase que poida empezar unha conversación, como pode ser un artigo dun xornal. O alumnado ten que falar na lingua estranxeira sobre o tema que se lles presenta. Utilizarían a lingua dunha maneira natural para expresar as súas opinións. Guzman afirma que con este modelo é capaz de facerlles participar a aqueles alumnos que normalmente non o fan, sen a necesidade de chamarlles a atención. Son eles mesmos os que fan o esforzo para poder aportar as súas opinións á conversación. Utilizan a lingua estranxeira con iniciativa propia e desta forma consolidan os seus coñecementos lingüísticos sen darse conta.

En conclusión, o MCERL ten unha variedade de puntos importantes a ter en conta para a docencia e no contexto europeo. O enfoque orientado á acción pareceume especialmente interesante pola súa utilidade na docencia e pola súa versatilidade, podendo por exemplo utilizar unha metodoloxía por proxectos ou actividades coma a mencionada no anterior parágrafo. Ese exemplo concreto quizáis sexa demasiado complexo para unha aula de secundaria, pero podería empregarse dunha maneira simplificada ou cunha maior intervención por parte do docente.

Referencias:

Objetivos educativos europeos y españoles: Estrategia de Educación y Formación 2020 (2013). Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Recuperado de: http://www.mecd.gob.es/dctm/inee/indicadores%E2%80%90educativos/informeet20202013.pdf?documentId=0901e72b81732dc8

TEDx Talks. “Teaching English without Teaching English | Roberto Guzman |” (2016). Youtube. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=8pZa6R3rmRQ

Comentarios

Entradas populares de este blog

Sesión conxunta: reflexión

Ana: 2ª sesión

Sesión final