Tema 3: Traballo por proxectos
Os traballos por
proxectos son unha ferramenta moi útil para os docentes de linguas estranxeiras,
xa que poden romper coa monotonía das aulas. En lugar de facer constantemente
exercicios de gramática con frases soltas, esta metodoloxía consiste en propoñerlles aos alumnos un obxectivo que terán que acadar mediante a aplicación dos coñecementos
obtidos nas diferentes actividades. Trátase de que utilicen a lingua
nun contexto real e non só para encher ocos en exercicios repetitivos.
Normalmente lévanse a cabo en pequenos grupos de alumnos que terán que
traballar en conxunto. Desta maneira traballan habilidades imprescindibles coma
a colaboración e a comunicación. Ademáis, o feito de poder traballar coa lingua
estranxeira dunha forma máis práctica e entretida, e o feito de traballar en
equipo, pode aumentar a motivación do alumnado. A temáticas dos proxectos poden ser moi variadas tratándose dunha asignatura de linguas. O docente pode elixir
calquera das do libro de texto ou incluso propor outra que sexa oportuna, e
simplemente crear actividades que permitan utilizar a lingua en relación a ela.
Este aspecto permite unha flexibilidade que pode ser útil á hora de traballar
algunhas competencias clave, por exemplo.
O libro de texto
Bridges for Bachillerato 1 de
Burlington Books ten un tema dedicado ao medio ambiente, centrado en
vocabulario sobre a contaminación e o uso do futuro. Pareceume un tema
interesante xa que trata sobre un problema socioambiental importante e co que
se podería traballar as competencias sociais e cívicas do currículo. Partindo
do vocabulario e un dos exercicios que aparecen no libro, poderíase propor un
proxecto para o alumnado no que o obxectivo final sería a elaboración dunha
enquisa sobre o medio ambiente, a contaminación e o cambio climático. Unha
enquisa, neste caso en inglés, destinada ao alumnado de 2º de bacherelato do
propio centro dado a que non sería posible facerlla a falantes nativos en
moitos centros. Polo tanto, tamén habría que asegurarse de que os alumnos de 2º
sexan capaces de responder ás preguntas da enquisa. A continuación, vou a
elaborar un pouco máis esta idea.
O primeiro paso
sería dividir ao alumnado en pequenos grupos de 3 ou 4 membros; o docente
debería elixir os grupos se é oportuno, tendo en conta a diversidade e as
relacións entre os alumnos. Seguindo a formación de grupos, presentaríase o tema
a traballar e o obxectivo final, que é a enquisa. Desta forma, empezan dende o
principio cun propósito en mente e poden empezar a motivarse. Para a primeira actividade
utilizaría o libro de texto mencionado, empezando co vocabulario que aparece
nel e deixando que os grupos de estudantes fagan aportacións para amplialo
(utilizando aplicacións coma o diccionario Wordreference). A segunda actividade podería
basarse nun quiz que aparece no
libro, con algúns datos interesantes sobre o medio ambiente. O docente elaboraría un quiz corto para cada
grupo de alumnos. Cada un tería preguntas sobre un aspecto diferente do medio
ambiente, polo que cada grupo aprendería datos distintos (por exemplo, un sobre
as enerxias renovables, outro sobre o cambio climático e outro sobre a reciclaxe). Ao terminar, cada grupo explicaría o que aprendeu en inglés. Con
toda a información recopilada ata agora, os grupos elaborarían a enquisa de
forma conxunta para utilizala no seguinte recreo. A actividade final do
proxecto sería un pequeño comentario por parte de cada grupo a partir dos
resultados obtidos da enquisa.
Para a
avaliación do proxecto valoraríase sobre todo o traballo en grupo e a participación
activa do alumnado nas primeiras actividades. Consistiría principalmente na
observación na aula, facendo uso dun caderno para tomar nota de estes dous
elementos. Para avaliar o traballo escrito de cada grupo utilizaríase unha
rúbrica na que se tería en conta o contido, o vocabulario e, en menor medida, a
gramática. O alumnado ten que ser informado dos criterios de avaliación antes de
empezar o proxecto. É importante que saiban exactamente o que se lles pide para
teren certa confianza en canto ao resultado final, xa que é algo que adoita
producir desconcerto.
En conclusión, o
traballo por proxectos é unha metodoloxía que permite unha gran flexibilidade
para os docentes e que pode mellorar a experiencia do alumnado. Motívaos e rompe
a monotonía dos típicos exercicios que se utilizan nas clases de linguas estranxeiras,
que son abstractos e non permiten un uso real da lingua. Mediante proxectos, os
alumnos teñen sempre un obxectivo en mente e para logralo terán que facer uso da
lingua estranxeira dun xeito práctico. Ademáis, é unha metodoloxía que facilita o desenvolvemento
das competencias clave do currículo e de outras habilidades coma o traballo en
equipo.
Referencias:
Competencias clave. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Recuperado de: https://www.mecd.gob.es/educacion/mc/lomce/el-curriculo/curriculo-primaria-eso-bachillerato/competencias-clave/competencias-clave.html Williams, A., e
Baines, M. (2008). Bridges for
Bachillerato 1: Student’s Book. Chipre: Burlington Books.
Competencias clave.
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Recuperado de: https://www.mecd.gob.es/educacion/mc/lomce/el-curriculo/curriculo-primaria-eso-bachillerato/competencias-clave/competencias-clave.html
Comentarios
Publicar un comentario