Tema 4: O Deseño Curricular – DOSIER
Na primeira sesión co docente
Gonzalo Constenla, empezamos con unha pequena introducción a esta segunda parte
da materia, na que vimos os contidos que imos estudar, os métodos de avaliación
e os traballos que temos que levar a cabo. Despois desta presentación fixemos
catro actividades que vou a comentar a continuación.
A primeira foi un debate no que
tivemos que decidir cal nos parecía o máis importante entre os temas que
quedaban por ver nesta materia. As opcións eran as seguintes:
·
Tema 4: O deseño curricular.
·
Tema 5: As programacións didácticas
vixentes.
·
Tema 6: Seccións bilingües e
plurilingües. Metodoloxía CLIL/AICLE. Os proxectos lingüísticos de centro
(PLC).
·
Temas 7 e 8: Metodoloxías en Europa e o
mundo.
Para levar a cabo este debate,
empregamos o sistema piramidal. Comezamos debatindo en parellas, seguímolo
facendo en grupos de catro, logo de oito e finalmente debatimos entre todos. Ao
principio, en parella e en grupos de catro, era bastante fácil poñerse de
acordo para elixir un tema. Cando chegamos aos grupos de 8 resultaba moi
difícil; puidemos reducir as opcións a dous dos temas, pero elixir só un era
imposible. Finalmente, non se chegou a un acordo entre toda a clase, pero
resultou interesante para comparar as nosas opinións e argumentos.
Foi a primeira vez que vin como
se utilizaba o sistema piramidal e a verdade é que me pareceu bastante
efectivo. É unha maneira dinámica de debatir e o feito de empezar en parellas e
en grupos pequenos pode facilitar a participación. Resulta máis fácil discutir
sobre un tema en grupos reducidos; apenas hai que esperar para volver a falar e
pódese chegar a un acordo rápidamente.
Na segunda actividade tivemos que
responder a tres preguntas sobre o currículo:
·
Qué é o currículo?
·
Elementos do currículo
·
As competencias. Competencias que potencia o
currículo. Competencias das materias de linguas estranxeiras.
Fixémolo
en grupos e serviu para comprobar se recordábamos algúns dos contidos que
aprendemos no módulo común. En xerál, acordabamonos do suficiente como para
respondelas.
Na
terceira actividade utilizamos a aplicación Kahoot!: unha aplicación
que conseguiu motivar a toda a clase a pesar dos contidos teóricos tediosos que
estábamos vendo. Trátase dunha aplicación que permite crear un xogo competitivo
con preguntas tipo test. O único que necesita o alumnado para participar é un
teléfono móbil para cada grupo coa aplicación instalada. O xogo ten un sistema
de puntos que nos motivou a aprender os contidos para acertar as preguntas e
conseguir máis que os outros grupos. Tamén nos obligaba a pensar rápido, xa que
tiñamos un límite de 20 segundos para contestar e gañábamos máis puntos se
contestabamos decontado. Non coñecíamos esta aplicación, pero resultou moi
fácil de utilizar e convertiuse sen dúbida nunha das actividades máis
interesantes e divertidas da materia. De feito, utilizámola de novo na segunda
sesión do tema catro.
Rematamos
a primeira sesión cunha actividade colaborativa para a cal utilizamos un
documento compartido en Google Drive. Divididos en grupos,
tivemos que contestar a varias preguntas sobre “As linguas estranxeiras no
currículo da LOMCE”. Cando todos os grupos remataron, cada un comentou os aspectos
máis relevantes da súa parte do documento. Foi unha maneira bastante
interesante de levar a cabo unha actividade grupal.
En
conclusión, as actividades que fixemos nas sesións do tema catro foron útiles e
interesantes; tanto polo contido coma polos recursos utilizados. Aprendemos a
utilizar aplicacións coma o Kahoot! ou
o Google Drive na aula dunha maneira
práctica e vimos o útiles que poden ser para motivar aos estudantes. A pesar
dos contidos teóricos e aburridos, o tema resultou ameno e incluso divertido.
Comentarios
Publicar un comentario