Tema 6: Metodoloxía CLIL/AICLE - DOSIER
Este tema
empezámolo pensando nas diferencias entre as seccións bilingües e os centros
plurilingües, e a verdade é que non as tiñamos nada claras. As seccións
bilingües refírense a materias non lingüísticas que se imparten nunha lingua
estranxeira polo menos ao 50%. Por outro lado, os centros plurilingües son
aqueles nos que se imparten varias materias (cun máximo dun terzo das totais)
na lingua estranxeira. Unha vez explicadas estas diferenzas, comentamos unha
serie de obxectivos propostos pola Xunta.
Tratábase do
plan EDUlingüe: tal e como pon no documento que vimos, é un plan que pretende
estender o plurilingüismo a 200.000 alumnos e promover o seu ensino integral
desde infantil ata a universidade cun presuposto de 70 millóns de euros. A
conclusión á que chegamos todos ao ler detidamente o documento foi que é
demasiado ambicioso. Os obxectivos que propón son totalmente inalcanzábeis para
o ano 2020. Cómo van a lograr que o 30% dos docentes galegos poidan conseguir
unha certificación C1? Aínda que teñamos en conta o Plan de formación
específico sobre linguas estranxeiras que se menciona, conseguir ese nivel
nunha lingua require moita dedicación incluso tendo unha base. Ademáis, os docentes
especializados en materias que non son de linguas estranxeiras xa terán
suficiente traballo como para adquirir ese nivel en dous anos. Outro punto que
nos pareceu inalcanzable foi o bacherelato de excelencia en linguas, cun
alumnado que alcance un B2 na primeira lingua estranxeira. É increíble que
pretendan facer isto cando hoxe en dia hai moitos alumnos que rematan o
bacherelato sen chegar ao nivel B1. De feito, aínda hai moitos estudantes
universitarios que van a academias para conseguir o certificado B1 de inglés
que lles fai falta para os graos. Para que o alumnado de bacherelato alcance un
B2, faría falta algún tipo de reforma e, sen dúbida, moito máis tempo. Eses dous
puntos foron os máis destacables, pero houbo outros que tamén nos sorprenderon,
coma a intención de incluir linguas coma o chinés e o ruso, duplicar o número
de auxiliares de conversación (de 500 a 1000), a implicación das familias do
alumnado (coma se a maioría soubese falar unha lingua estranxeira), ou os graos
e másters en inglés. Non son malas ideas para nada, pero son obxectivos que non
se poden acadar no ano 2020; farían falta 10 anos mínimo.
Houbo outros
puntos que nos pareceron boas ideas no meu grupo. A máis destacable é a
ampliación de prazas en programas formativos de inmersión lingüística durante o
verán e ao longo do curso. Hai 18.000 prazas previstas para o 2020. Son
programas que proporcionarían oportunidades non só de aprender a lingua en
cuestión, senón tamén de saír de España e de ter unha experiencia
multicultural. Oportunidades que serían útiles sobre todo para aqueles alumnos
que non se poderían permitir unha experiencia dese tipo pola súa situación
económica. Pero para que iso funcione, a Xunta tería que destinar unha boa
parte deses 70 millóns para que os 18.000 alumnos teñan poucos gastos durante a
experiencia. Outra idea que nos pareceu boa é a formación do profesorado, pero sería
mais productivo formalos nas súas áreas ou no uso das TICs e a innovación
docente, por exemplo.
Cando acabamos
de opinar sobreo programa EDUlingüe, Gonzalo explicou a metodoloxía CLIL/AICLE.
Para rematar a sesión, Lorena presentou o seu traballo no cal vimos un exemplo
dun instituto que utilizou esta metodoloxía.
Comentarios
Publicar un comentario