Temas 7 e 8 - Diario

A maior parte da teoría dos dous últimos temas vímola a través das presentacións que preparamos. Persoalmente, pareceume máis interesante o tema sete. Puidemos ver realmente a complexidade dun sistema educativo de éxito. Hai moitos factores a ter en conta, desde o esforzo persoal do alumnado ata a formación do profesorado ou o presuposto destinado á educación. Ademais, coma con todo, é moi importante o contexto social e económico de cada país. Un sistema de éxito como pode ser o finlandés non necesariamente vai a funcionar se se implementa en España ou en Estados Unidos, nin se vai a parecer a outro sistema de éxito doutra parte do mundo. De feito, como puidemos comprobar coas presentacións dos nosos compañeiros, o sistema educativo de Finlandia é moi diferente ao de Corea do Sur.

Ambos son sistemas educativos de éxito, pero son dous modelos moi distintos. O de Corea do Sur é moi duro para os estudantes, quenes se teñen que esforzar moito. Están baixo unha enorme presión para obter bos resultados académicos, xa que alí son sinónimo do prestixio social; se vas mal nos estudos, non eres nadie. Ademáis, atribúen eses bos resultados ao esforzo persoal e non á intelixencia ou ao talento natural. Se non tes éxito, é porque non traballaches o suficiente. Por esta razón estudan durante todo o ano, sexa no colexio ou en clases particulares. Creen que teñen que superar esa etapa dura para ter un bo futuro – sacrificarse agora para disfrutar despois. E a presión non é só por parte dos profesores; como é algo que está arraigado na cultura, senten presión por parte do propio alumnado.


Por outro lado, o sistema educativo de Finlandia supón unha experiencia moito máis relaxada para o estudante ca en Corea do Sur. Teñen menos horas de clase ao día e as escolas ofrecen unha variedade de actividades extracurriculares. Ademáis, os alumnos poden escoller optativas para que teñan motivación e poidan persiguir os seus intereses persoales. É un sistema que non estresa tanto aos estudantes pero que consegue resultados moi positivos igualmente. Esta comparación demostra que pode haber moitas formas diferentes de obter ese éxito académico, e vai a estar sempre condicionado polo contexto: a sociedade, a historia, as capacidades económicas e incluso o clima, como comentamos na clase.

A miña presentación foi sobre o sistema educativo de Xapón, e hai un par de elementos que non me dou tempo a comentar. Primeiro, en Xapón destínase un porcentaxe menor do PIB á educación pública ca en outros países (3,59% no ano 2014) e obtén mellores resultados porque se gasta o presuposto de forma diferente. Os colexios son edificios moi sinxelos e teñen pouco persoal contratado. Normalmente a administración redúcese a un director, un asistente, un conserxe e unha enfermera; e non hai comedor nin servizo de limpeza (como mencionei na presentación). Ademáis, os libros son de tapa blanda e teñen, polo xerál, menos páxinas ca en outros países porque inclúen só os contidos que se van a impartir na materia; utilízanse de principio a fin. En Xapón, asegúranse de que o presuposto se invista na formación do profesorado.

O outro punto sería o sentido de comunidade fronte o individualismo. Como expliquei na presentación, a sociedade xaponesa ten unha forte mentalidade cooperativa, e para eles a importancia da comunidade é sinónimo de orde e disciplina. Pola contra, o individualismo representaría a falta de disciplina. Consideran que a mentalidade individualista de occidente causaría unha tasa de criminalidade máis alta – pero que tamén é moi positiva en canto á creatividade. É unha mentalidade que pode motivar a algunhas persoas a superarse e a destacar sobre as demáis; persoas que poden acabar inventando algo revolucionario ou gañando un premio Nobel. En Xapón, o desexo de destacar non está ben visto e valórase máis a modestia. De feito, hai un dito popular que é: “the nail that sticks out gets hammered down”. En canto á educación, o sentido de comunidade fronte o individualismo é o mesmo que a productividade e a eficiencia fronte a creatividade e a innovación. En xapón, sempre se favoreceu máis á eficiencia. Creían que era mellor o progreso contínuo ca unha innovación de cando en vez. Hoxe en día, en Xapón valorase cada vez máis a innovación e por iso intentan fomentar a creatividade na educación.




Por último, quería mencionar as dúas metodoloxías que me pareceron máis interesantes das presentacións do tema oito. A primeira sería a metodoloxía por proxectos. É unha metodoloxía que xa vimos en varias ocasións neste mestrado pero ségueme parecendo unha das máis interesantes. Permítenos motivar ao alumnado dándolles un obxectivo concreto que teñen que acadar; cando rematan o proxecto, poden ver o “produto final” dos seus esforzos.  Ademáis, as materias de linguas estranxeiras permiten unha gran flexibilidade en canto á temática dos proxectos. Por último, a segunda metodoloxía que me pareceu interesante foi a do silencio. Natalia fixo unha demostración ao principio da súa presentación e nunca vira algo parecido. Ao principio non me convencía moito – non lle vía a utilidade. Pero deime conta rápido de que pode ser unha boa forma de captar a atención da clase e de que practiquen o speaking, a gramática básica e a expresión de ideas e sentimentos. 

Comentarios

  1. Ola Pablo

    Encantoume aprender cousas sobre o sistema educativo en Xapón, moitas grazas pola túa presentación.
    O que máis me chamou a atención, por descoñecido para min, foi a importancia que se lle da á cultura do esforzo e ao sentido de comunidade fronte ao individualismo. Ao fin de contas, é a cooperación o que move a un país, e non o individualismo, e é admirable que en Xapón esta idea estea tan establecida dende a infancia. Realmente penso que nestes aspectos en España temos moito que mellorar.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Sesión conxunta: reflexión

Ana: 2ª sesión

Sesión final