Luz: 1ª sesión
Na primeira sesión que tivemos con Luz notei un enorme cambio con respecto ás outras clases. Foi evidente a súa experiencia como profesora de instituto, xa que nos puido aportar exemplos concretos tanto de actividades como de traballo feito por adolescentes; pódenos dar unha idea do que nos podemos esperar nas prácticas, que xa están cerca. Nesta sesión centrámonos nas competencias clave, que foron establecidas pola Unión Europea e que son indispensables para a formación dos cidadáns. Transmiten, entre outros, uns valores que fomentan o respecto cara as demais persoas, as culturas e o medio ambiente.
As competencias clave coñecémolas dende o principio deste mestrado, e xa sabiamos que as hai que integrar na aula. Como profesores de linguas estranxeiras, resúltanos doado traballar coa competencia en comunicación lingüística, por exemplo; pero hai outras, coma a competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía que me deixaron con dúbidas. Por sorte, nesta sesión vimos varios exemplos. A que acabo de mencionar póde traballarse dun xeito moi sinxelo, integrándoo no bell work: ao comezo de cada clase, un alumno ten que levantarse para escribir a data no encerado en inglés. É algo moi simple, pero que funciona tanto para traballar a competencia como para aproveitar o tempo de clase.
O bell work é un concepto que nunca escoitara, e é un dos conceptos que destaco desta sesión. O tempo na aula é un recurso escaso para os docentes de secundaria. Os 50 minutos que dura unha clase poden reducirse a 40 ou incluso menos entre que chega o docente, prepara o material, encende o ordenador e o proxector, e falla algún dos dous. Por iso é necesario aproveitar o tempo o máximo posible. O bell work son actividades simples que poden facer os alumnos mentres o docente prepara todo. Ademáis de aproveitar o tempo, este tipo de actividades poden axudar a administrar a aula; manteñen ocupados aos alumnos e prepárannos para a clase. Ademais, as actividades de bell work poden converterse nunha rutina; o exercicio de escribir a data no encerado que mencionei anteriormente é un exemplo claro. En canto entra o docente de lingua estranxeira na aula, os alumnos xa saben o que teñen que facer.
Seguindo coas competencias clave, tamen me pareceu interesante o que comentamos na clase sobre a dixital. Non se trata soamente de saber utilizar e de ter certa destreza coas TICs; os nosos futuros alumnos creceron coas tecnoloxías e xa son capaces de manexalas perfectamente. Esta competencia está centrada na capacidade de análisis e selección de información. Na actualidade, os adolescentes buscan información case exclusivamente en internet, polo que é importante que saiban filtrar e elixir información de fontes fiables. Ademais de elixir a información, teñen que aprender a analizala e sintetizala. Esta competencia pódese traballar mediante a creación de infografías ou a realización de webquests. A búsqueda de información necesita un propósito, algo que os motive a atopar a axeitada; non basta con mandarlles buscar as respostas dunha serie de preguntas arbitrarias.
En conclusión, nesta sesión aclaramos algúns conceptos sobre os cales tiñamos dúbidas e aprendemos outros novos, coma o bell work. Foron catro horas moi produtivas xa que vimos exemplos prácticos de actividades que poderiamos usar nunha clase de secundaria, coma o rol play. Dounos a sensación de que xa rematamos coa parte teórica do mestrado e de que por fin imos ver contidos que realmente nos van a ser útiles.
Moi boa reflexión. Gústame que te centrases na aclaración de conceptos, como o da competencia dixital. Ás veces damos por feito agunhas ideas preconcebidas pero hai que afondar un pouco para que non se queden só na superficie.
ResponderEliminar