Luz: 1ª tarefa

Actividade “would you rather

Esta actividade está diseñada para a materia de inglés de 4º da ESO. Sería eficaz para traballar co uso de would e a second conditional, e a súa duración sería de 40 minutos. Este exemplo non está pensado para ningunha unidade didáctica en concreto, pero as preguntas pódense modificar para adaptarse á temática da unidade que sexa. Trátase dunha actividade de would you rather con cinco preguntas. Para cada unha delas, os alumnos terían que elixir unha de dúas opcións hipotéticas propostas e explicar as súas razóns.

Empezaría dividindo a clase en parellas (escolleitas polo docente ou os propios alumnos, en función da clase) e expoñendo as cinco preguntas no proxector. Para comezar, 5 voluntarios leerían as preguntas en alto para que todos empezasen a ter ideas. Cada parella tería que chegar a un acordo para cada unha delas, ademáis de ter preparadas cinco frases utilizando o second conditional (por exemplo: If I could explore space, I would try to find life on other planets / I would lose too many nice memories if I lost all of my pictures).

Unha vez estean de acordo as parellas, o ideal sería dedicarlle polo menos 5 minutos a cada pregunta. Empezarían decindo as opcións que elixiron xunto con algunha razón pola que a escolleron, seguido das oracións co second conditional. Dependendo de canto participen os alumnos e do tempo que quede, o docente podería facer algunha pregunta adicional relacionada con cada unha das principais. As preguntas serían as seguintes:

  • Would you rather explore space - or explore the entire planet?
    • What would you hope to find?
    • Would you explore the depths of the ocean?
  • Would you rather make an incredible discovery on earth (like the ruins of an ancient civilization) - or be the inventor of a cure for a disease?
    • How would your discovery / cure change the world?
  • Would you rather lose all of your devices (computer, cell phone, etc.) - or all the pictures you have ever taken?
    • What important pictures would you lose if you chose the second option? Is it really worse than losing expensive devices?
  • Would you rather have a golden voice - or a silver tongue?
    • What do these two expressions mean? Look up their definitions.
  • Would you rather be caught in a lightning storm or a blizzard?
    • What are the chances you would be hit by lightning during a storm?
    • What natural disasters do you think are even more dangerous?

Con esta actividade pódense traballar varias competencias clave ademais da lingüística: as competencias sociais e cívicas (CSC), coa interacción e a participación do alumnado; a competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT), se facemos algunha pregunta relacionada coas ciencias ou as matemáticas; e a competencia dixital (CD), se incluímos o uso das TICs para a busca de información.

Comentarios

  1. Moi boa actividade, de feito eu a uso e sempre funciona ben. Tamén se pode usar logo como putno de partida para traballo de casa, si lles pides que escollan unha das opcións e que explique por escrito as súas razóns para escollela. Como xa traballaron en clase unha serie de argumentos propios e dos compañeiros terán á súa disposición moito vocabulario e estruturas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Sesión conxunta: reflexión

Ana: 2ª sesión

Sesión final