Sesión final
Na última sesión do mestrado, xuntámonos os dous grupos con Ana e con Luz e debatimos sobre diferentes temas. A verdade é que foi unha boa forma de rematar as clases, podendo aportar as nosas ideas nun ambiente bastante relaxado. Antes de comezar co debate, fixemos dúas actividades de warm up. A primeira fixémola en parellas ou en grupos de tres e en cada grupo, un alumno tiña o rol dun marciano que non coñecía nin o vocabulario máis simple. Polo tanto, os outros membros do grupo tiñan que intentar explicar e definir unha serie de palabras. É unha actividade graciosa que pode preparar ao alumnado para algunha actividade oral e non necesita ningunha preparación. Na segunda actividade, cada grupo tivo que pensar nas calidades que tiña a/o mellor docente que tivemos. Todos dixemos calidades moi importantes, pero no noso grupo destacamos a vocación e o respeto. Os docentes deben estar motivados para faceren o seu traballo e teñen que respetar ao grupo, tratando aos alumnos como adultos; teñen que ser conscientes de que cada un ten a súa vida e os seus problemas fora do instituto.
O debate comezámolo falando sobre o uso da lingua materna na aula. No noso grupo opinamos que o mellor era utilizar sempre a lingua estranxeira (o inglés, no noso caso). Dependendo do nivel, teriamos que falar mais ou menos lento, repetir certas cousas dúas ou tres veces, ou apoiarnos con xestos; pero as vantaxes son evidentes. O alumnado está máis exposto á lingua e foméntase o seu uso na aula. A única excepción que consideramos foi á hora de explicar conceptos abstractos. Non sería imposible explicalos en inglés pero sí que correriamos o risco de perder moito tempo de clase - o máis práctico sería proporcionarlles unha tradución que entenderían ao instante. Como se explica en The Minimax Teacher, se utilizamos o castelán para ensinar inglés, o inglés convértese nunha materia máis e o castelán no medio de comunicación “real”. Se utilizamos o inglés, verán un uso máis natural e útil da lingua e convértese tamen nun medio de comunicación.
Os debates sobre os outros dous temas foron algo máis cortos xa que opinabamos o mesmo. En canto aos deberes, nadie estaba en contra de mandalos. Creo que é importante que os alumnos practiquen de forma constante o que se ve na aula, sobre todo nas materias de linguas estranxeiras - o traballo constante é fundamental para aprender unha lingua. Ademais, como se mencionou anteriormente na clase, son útiles para mandar aqueles exercicios que nos parecen demasiado aburridos para facer na clase. Por último, falamos do uso da tecnoloxía na aula. Como comentei na entrada anterior, o feito de utilizar a tecnoloxía non significa que se está innovando; Utilizar tablets e proxectores non vai a mellorar a experiencia educativa dos nosos alumnos se o único que facemos é poñer os exercicios de sempre en formato dixital. Penso que a tecnoloxía pode ser moi positiva se a sabemos aproveitar ben.
En conclusión, foi unha boa sesión para rematar as clases do mestrado, con dúas profesoras que nos aportaron moitos coñecementos e moitas ideas que imos poder utilizar nas nosas clases. Estas últimas semanas foron sen dúbida as máis productivas e, grazas a elas, sinto que vou a chegar con máis ganas e máis confianza ás prácticas.

Tes algún problema co formato desta entrada e non se pode ler o texto completo. Podes corrixilo, por favor?
ResponderEliminarCorrixido!
EliminarNon sabes o que me alegra que digas que farás as prácticas con máis ganas gracias a estas últimas sesións con nós. Gracias pola túa participación e as túas reflexións. Moita sorte!
ResponderEliminarAgora xa o podo ler! Tes a clave do que é central na tarefa de ser boó docente: o respecto: pola profesión, polos compañeiros, polo alumnado, polos pais e nais, por tí mesmo. O respecto atrae respecto tamén. Penso que estás no bó camiño, gracias polas túas contribucións.
ResponderEliminar