Sesión conxunta: tarefa

Para a miña tarefa da sesión conxunta, vou a propor unha actividade que encaixaría nunha sesión de titoría. O tema a tratar serían as relacións, centrándose na identificación de relacións tóxicas e tamén no que se pode considerar “normal” cando tes unha parella. Creo que é un tema importante, especialmente tendo en conta a idade do alumnado da ESO; moitos estarán entrando nas súas primeiras relacións e algunhas poden chegar a ser problemáticas. Como docente de inglés, aproveitaría para utilizar a lingua nesta sesión; toda oportunidade é boa para que os alumnos practiquen coa lingua en situacións reais.

Antes de comezar coa actividade, faría un pequeno warm up, dividindo á clase en grupos de 4-5. Primeiro pediríalles que cada grupo dixese características que debería ter unha parella ideal, e iria facendo unha lista no encerado coas suxestións. A continuación, faría o mesmo pero con carácterísticas de relacións tóxicas. Deste xeito acabariamos con dúas listas opostas, unha ao lado da outra para que o alumnado visualice o contraste entre o positive e o negative. A última fase de este warm up sería un debate/reflexión sobre os resultados; deixaría que comezasen os alumnos e daría a miña opinión persoal ao final ou cando o vise necesario. Pode parecer unha actividade moi simple, con contidos moi obvios, pero hai moitos adolescentes que poden atribur características como jealous a unha relación positiva.


Para a actividade principal colocaría tres folios en tres puntos diferentes da aula, cada un con unha letra diferente: A, B e C. Consiste en propoñer unha serie de situacións hipotéticas relacionadas con relationships, e tres respostas posibles marcadas coas tres letras anteriores; todo isto utilizando o proxector. Para cada unha das situacións, os alumnos terían que colocarse cerca da opción que consideren a máis adecuada. Antes de comezar, explicaría que non hai necesariamente respostas correctas e incorrectas, e que poderiamos comentar cada unha das situacións. Serían as seguintes:

  • You had weekend plans with your group of friends but your partner now asks you to cancel them in order to spend the weekend together. What do you do?
    • A) I tell my partner that I won't cancel my plans, as I have been looking forward to hanging out with my friends. We’ll have to see each other some other day.
    • B) I call my friends and tell them that I won’t be able to meet up with them. My relationship is always my top priority, even if I feel like doing something else.
    • C) I am livid! How dare he/she ask me to do that?
  • Your partner has the habit of asking for your phone so they could go through your conversations. Do you mind?
    • A) Of course not, I have nothing to hide from him/her! It shows that he/she cares about our relationship.
    • B) Yes. I have nothing to hide but this clearly shows a lack of trust and a jealous, controlling personality.
    • C) No, I don’t mind. I also check his/her phone! What’s the big deal?
  • You just found out that your partner listens to rock music and plays video games. You like him/her but don’t like either of these things. What now?
    • A) We need to break up. There is no way that we’ll last if we have different hobbies.
    • B) It doesn’t matter. We can have different tastes and hobbies as long as we both respect them. 
    • C) I would wait and see. It should be fine as long as he/she doesn't listen to rock/play videogames while I’m around.
  • Your friend, who is 15 years old, started going out with someone who is 22 years old. Your think that the age difference is way too high, and that they might be taking advantage of your friend. What do you do?
    • A) Nothing. It’s none of my business.
    • B) I confront my friend. He/she should know how I feel about the situation. Hopefully they break up.
    • C) This is serious. I tell the school counselor immediately; they should know what to do about the situation.
  • Your partner only wants to hang out 3-4 days a week. What do you think about this?
    • A) That’s horrible! If he/she really liked me, we would hang out every single day.
    • B) It’s fine. We both need our own personal spaces and our lives don’t depend on each other!

Faría esta actividade con alumnos de 3º e 4º da ESO, adaptando o vocabulario e a gramática ao nivel de cada grupo. A duración pode variar moito (entre 25 e 40 minutos), dependendo dos resultados. Como é un tema que probablemente lles resulte interesante, estarían motivados para participar no intercambio de opinións (algo moi positivo para practicar coa lingua estranxeira).

Comentarios

  1. Moi boa actividade. Suxiro que fagas o cuestionario tendo en conta algunha desas expresións de sentimentos positivos/negativos que aparezan durante o warm up. É un tema delicado e tes que tratar de tocalo sen facer referencias persoais a posibles relacións que existan na clase.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Sesión conxunta: reflexión

Luz: 3ª tarefa