Luz: 2ª sesión
Nesta sesión seguimos vendo actividades novas de xeito práctico, esta vez centrándonos na produción oral. Foron moitas e moi interesantes, e por fin puidemos ver como se utilizaron as curiosidades que escribimos sobre nós mesmos na primeira sesión. O crucigrama foi unha actividade simple pero moi divertida, que permite que os alumnos se coñezan un pouco máis mentres practican coa lingua, que é o máis importante. Para os alumnos, este tipo de actividades nas que poden andar pola clase facéndolles preguntas aos compañeiros, pode parecerlles “tempo libre” na aula. Están tan acostumados aos exercicios de repetición e ás actividades orais aburridas de sempre, que lles sorprende facer unha actividade interesante. Como docentes, deberíamos aprobeitar ao máximo este tipo de actividades na aula para incentivar a participación. Como dixemos na clase, os exercicios de repetición tamén son necesarios pero podémolos deixar para os deberes.
A participación é fundamental para traballar coa produción oral, e para conseguila, pareceume moi interesante o concepto “minimax” que comentamos nesta sesión. Trátase de minimizar o input para maximizar o output do alumnado, utilizando actividades que teñan un information gap. As actividades de speaking que recordo das miñas clases de inglés no instituto eran moi aburridas e sobre todo eran artificiais. Facíamos diálogos forzados con preguntas cuxas respostas xa sabiamos ou eran inexistentes. A maior parte das veces resultaban en interaccións incómodas e non nos motivaban para nada. Por isto é tan importante deixar un information gap. O exemplo que vimos na clase foi perfecto: se utilizamos unha imaxe xenérica de google para unha actividade, pouca interacción vai a haber (o profesor sabe tanto sobre a imaxe coma os alumnos); pero se a imaxe é personalizada, e o docente coñece a historia detrás dela, si que pode resultar nunha actividade interesante.
Cara o final da sesión, fixemos unha serie de actividades divididos en grupos. Eran fáciles de explicar (algo que nos pode acabar aforrando moito tempo) e entretenidas. Nunha delas, por exemplo, tiñamos dous montóns de tarxetas; nun dos montóns, as tarxetas tiñan nombres de things, e na outra de places. A actividade era simple: tiñamos que coller unha tarxeta de cada montón, e explicar o que fariamos co thing nese place. Algunhas combinacións eran absurdas, o que nos obligaba a usar a nosa imaxinación. E como comentou Luz, a gracia deste tipo de actividades é ter que usar a lingua estranxeira. Unha persoa con menos dominio da lingua pero con máis creatividade pode acabar decindo as respostas máis interesantes ou graciosas. Na miña opinión, as actividades que fixemos ao final son perfectas para ter preparadas “por si acaso”. Se un día por calquera motivo te sobraron 10 minutos de clase, terías a opción de sacar as tarxetas para que os alumnos practiquen a fala e se divirtan de paso.
En conclusión, esta foi outra sesión produtiva na que vimos aínda máis actividades prácticas ca na anterior. Persoalmente, foi a que máis me interesou polo feito de estar centrada nas actividades de produción oral. Creo que un dos problemas máis comúns nas materias de linguas é a vergonza que teñen os alumnos de falar nunha lingua estranxeira, e se seguimos dando actividades de speaking aburridas, non imos a solucionar nada. O concepto minimax e o concepto do information gap parecéronme moi útiles para deseñar actividades e vounos a ter en conta sen dúbida no futuro.
Paréceme moi ben que vaias tomando unha serie de decisións de cara ao futuro, e o feito de poñelas por escrito no blog permitirache consultalo sempre que queras recordar algunha delas. Moi boa reflexión.
ResponderEliminar