Luz: 2ª tarefa

Para a miña actividade a partir dunha foto, comezaría cunha imaxe do Monte Everest que atopei en Google. Como non ten nada en especial, só faría unha pregunta: what mountain is this? Probablemente respondan correctamente ao instante; senón, simplemente lles daría esta pista: it’s the highest mountain on the planet. A continuación, preguntaríalles se lles gustaría chegar á cima algún día, e que explicasen brevemente as súas razóns. Unha vez o fagan, diríalles (bromeando) que é algo que recomendo e que foi algo que fixen eu o ano pasado. Ante as súas reaccións de incredibilidade, ensinaría a imaxe principal como “proba”. Trátase dunha foto miña na cima do Monte Washington, en New Hampshire.

En canto a vexan, daríanse conta de que, evidentemente, estaba bromeando. Aproveitando esta imaxe, empezaría coa seguinte pregunta: Why are you so sure that this isn’t Mount Everest? As respostas que busco serían comentarios sobre a miña vestimenta e as condicións meteorolóxicas. A continuación, preguntaríalles cómo tería que ir vestido unha persoa para escalar unha montaña (boots, a heavy jacket, a backpack and even other equipement like oxygen). Tras as respostas, diríalles o nome real da montaña e repartiría unhas fotocopias coas seguintes preguntas:


  • Where is Mt. Washington?
  • How tall is it compared to Mt. Everest?
  • Can you reach the summit by car?
  • What world record did it used to hold?
  • What differences are there between climbing Mt. Washington in summer and climbing it in winter?

As respostas pódense encontrar facilmente en internet e con elas trabállanse as competencias CMCT e CD. Por último, faría unha actividade de three truths, one lie. Daríalles tres afirmacións e terían que adiviñar cal das 3 é mentira, facéndome preguntas. Serían as seguintes:

  • I visited Japan a week after taking this picture.
  • It was my second visit to the mountain. (falsa)
  • There was a woman wearing flip-flops on the summit.

Con esta actividade conséguese o information gap que mencionei na entrada anterior, o que axuda a captar a atención do alumnado. Ao ser unha fotografía persoal, desperta a súa curiosidade e incitalles a participar. O ideal sería facela coa clase dividida en grupos de tres ou catro alumnos; desta forma interactuan en inglés entre eles e failles falta menos tempo para completar as preguntas. Sería axeitada para unha clase de 4º da ESO ou 1º de bacherelato e tería unha duración de aproximadamente 30 minutos.

Comentarios

  1. Unha actividade moi completa e ben deseñada. Penso que levaría toda a sesión, xa que sempre se bota moito tempo co vocabulario e seguro que tes que explicar o da muller con flip flops, a min xa non me sorprende nada, pero seguro que dirian queesa ´era a falsa!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Sesión conxunta: reflexión

Ana: 2ª sesión

Sesión final