Tema 1 - DOSIER
No primeiro tema da asignatura Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, vimos as diferenzas, as semellanzas e as relacións entre as linguas iniciais, segundas e estranxeiras. Empezamos cunha actividade grupal que consistiu en facer un diagrama de Venn. Tivemos que escribir as ideias que tiñamos sobre as diferenzas e os puntos en común das linguas maternas e estranxeiras. Algunhas das que se nos ocurriron no meu grupo foron as seguintes:
- Materna: Adquisición natural; uso diario; aprendese escoitando, falando, lendo e escribindo (nese orde); forma parte da nosa identidade persoal
- Estranxeira: Adquisición programada; uso especifico; é un complemento (non forma parte da nosa identidade)
- Ambas: uso comunicativo; ensinanza rixida (na aula); son o reflexo dunha cultura
Foi unha actividade interesante para reflexionar un pouco sobre o que xa sabiamos antes de ver a teoría correspondente. Cando xuntamos as respostas de todos os grupos, tiñamos todos unhas cantas ideas básicas en común.
A dúas actividades restantes da primeira sesión foron de placemat, nos mesmos grupos. Propúxoselle unha pregunta a cada grupo, e cada membro tivo que escribir a súa opinión no placemat de forma individual antes de chegar a un acordo. No meu grupo, as dúas preguntas foron as seguintes:
A dúas actividades restantes da primeira sesión foron de placemat, nos mesmos grupos. Propúxoselle unha pregunta a cada grupo, e cada membro tivo que escribir a súa opinión no placemat de forma individual antes de chegar a un acordo. No meu grupo, as dúas preguntas foron as seguintes:
- Na UE fálanse máis de 40 linguas distintas. Fálanse todas no parlamento europeo?
- Pedro é da Coruña e traballa no Zara de Marineda City. Aprendeu a falar en castelán. Que lingua falará cun cliente que fala galego? E con outro que fala inglés?
No primeiro caso, a resposta é non. Hai 28 estados membros e cada un deles elixe un idioma. O galés, por exemplo, xa non se utilizaría porque o Reino Unido elixe o Inglés como o idioma a utilizar. No segundo placemat, a resposta final foi que Pedro utilizaría o castelán para o primeiro cliente, e intentaría utilizar o inglés para o segundo.
A actividade placemat gustoume máis que, por exemplo, o debate piramidal. Permite que cada membro do grupo escriba a súa resposta individual co obxectivo de chegar a un consenso nun grupo de só catro persoas. É un obxectivo máis realista se o comparamos con chegar a un consenso entre toda a clase. Ademais, permite traballar con varias cuestións á vez (unha por grupo).
Na segunda sesión empezamos coa teoría do repertorio lingüístico e as diferenzas entre a comunidade lingüística e a comunidade de lingua. Na primeira actividade Utilizamos un placemat para anotar os repertorios lingüísticos dos grupos. Unha vez rematada, fixemos o mesmo entre toda a clase a través de Google Drive, anotando tamén as comunidades lingüísticas e de lingua. É unha ferramenta que resulta moi útil para traballar con grupos grandes e que xa coñecíamos de outras sesións do mestrado. Volvemos a facer uso da mesma ferramenta para facer unha actividade sobre as diferentes metodoloxías que vimos a continuación (YLE, OLE, flipped, etc.). Entre todos, enchemos os ocos dunha táboa coas metodoloxías que consideramos adecuadas para as diferentes situacións propostas.
A última actividade foi a elaboración de outro diagrama de Venn. Neste caso, os dous elementos a comparar foron os adultos e os nenos en canto á aprendizaxe de linguas. Algunhas das conclusións ás que chegamos foron que os adultos aprenden máis lento e teñen máis vergonza á hora de falar na lingua estranxeira, mentres que os nenos aprenden máis rápido e teñen menos vergonza. Con respecto ás semellanzas, tanto os adultos coma os nenos teñen un papel activo durante a aprendizaxe e necesitan unha exposición continua á lingua para aprendela.
Para rematar o tema, tivemos un pequeno debate piramidal no cal falamos sobre a posibilidade de que a L1 poida influenciar a aprendizaxe da L2. En primeiro lugar, dixemos que se a L1 e a L2 pertencen á mesma familia lingüística (sendo as dúas linguas romances, por exemplo), pode facilitar a aprendizaxe. Un galegofalante, por exemplo, tería menos dificultades á hora de estudar portugués ca unha persoa con alemán como lingua nativa. Pola contra, as semellanzas entre as dúas linguas tamén poderían causar confusión en algúns casos. Ademais, as estruturas gramaticais e outros elementos da L1 poderían interferir na L2, resultando en frases coma “I am agree”.
En conclusión, neste primeiro tema estudamos unha variedade de contidos que nos serviron coma unha introdución para esta materia. A importancia do repertorio lingüístico en canto á adquisición de outras linguas, e o uso da lingua materna para ensinalas, son algunhas das cuestións máis interesantes que se mencionaron.
Comentarios
Publicar un comentario