Ana: 3ª sesión

O que vou a destacar desta sesión é a utilización dos libros de texto na aula de linguas estranxeiras. Estes libros poden servir como guías para dar clase, con diferentes unidades centradas en temas concretos, vocabulario, pequenas explicacións de gramática e exercicios para practicar todo; algúns teñen incluso algunhas páxinas entre cada bloque de tres temas para facer un pequeno repaso. Como nos dixo Ana, seguindo un libro de texto calquera persoa pode dar clase. Pero como todos sabemos, os contidos e as actividades que propoñen os libros non sempre son as mellores. Non podemos contar con que un libro de texto nos proporcione actividades interactivas e personalizadas. Como docentes, podemos utilizar o libro como unha guía xeral de contidos para organizarnos. Podemos seguir os temas e a dirección xeral, pero sempre modificando e seleccionando os contidos para que se adapte á nosa metodoloxía.


A maioría das actividades que vimos ata agora nesta clase foron interactivas e divertidas; actividades nas que os alumnos se moven pola clase, fan un rol play ou utilizan imaxes ou obxectos. Ás veces daba a sensación de que todas as que deseñemos teñen que ser así de interesantes, e que polo tanto non valen para nada as que veñen nos libros de texto. Nesta sesión vimos que non sempre é o caso. Como acabo de mencionar, o fundamental é elixir e modificar as actividades para que se axusten aos nosos obxectivos; vimos que hai páxinas que poden servir para unha sesión enteira de 50 minutos, e outras que deberiamos saltarnos completamente.

Para practicar, fixemos unha actividade en grupos na que tivemos que modificar algunhas actividades dun libro de texto. No meu grupo modificamos todas, xa que algunha delas estaban bastante mal planteadas, pero seguían conservando algún aspecto dos exercicios orixinais. En canto ás propostas dos outros grupos, pareceume moi creativa unha actividade oral para a unidade de comida. Tratábase dun rol play na que o docente lles daría aos alumnos (durante o diálogo) unhas tarxetas con vocabulario que terían que introducir de xeito improvisado. En conclusión, pareceume unha sesión moi útil; a forma na que imos tratar os libros de texto vai ser esencial cando sexamos docentes.


Na casa tivemos que ler este artigo de Russell Standard, que reflexiona sobre o uso da tecnoloxía na innovación docente. Expón uns argumentos moi interesantes, e creo que todos imos a estar de acordo con el. Tivemos unha materia de innovación docente neste mesmo mestrado que estaba centrado exclusivamente na tecnoloxía. Vimos unha boa cantidade de aplicacións cas cales podemos crear exercicios, vídeos e infografías. É certo que algunhas delas poderían resultar útiles no futuro, pero non imos ser innovadores polo simple feito de utilizalas; dous docentes poden darlle un uso completamente diferente á mesma aplicación. A tecnoloxía na docencia (igual que en todo o demáis) soamente é unha ferramenta. Se un profesor se dedica exclusivamente a facer exercicios de encher ocos pola súa propia comodidade, seguirá facendo o mesmo coa tecnoloxía: exercicios de encher ocos nun ordenador e que ademais se corrixen automaticamente. Iso, evidentemente, non é innovar. Un docente coa intención de innovar vaino facer igual, teña ou non acceso á tecnoloxía. Persoalmente, creo que o uso da tecnoloxía é algo positivo. Se a utilizamos ben, pode axudarnos a aumentar o output e a motivación do alumnado. É certo que tamén nos pode axudar a aforrar tempo, pero o principal é mellorar a calidade das nosas clases, que para iso queremos ser docentes.

Comentarios

  1. Recurrir ós ROLE PLAYS nas clases sempre resulta moi ben. O artigo é de Russell StaNNard. recordade que vos dixen que había unha errata no apelido.
    Aproveito para recordarte que non comentastes as entradas do DVC que vos pedira.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Sesión conxunta: reflexión

Ana: 2ª sesión

Sesión final