Luz: 3ª sesión
Nesta sesión centrámonos na produción escrita. Persoalmente, tiña algunhas dúbidas sobre este tipo de actividades, xa que (polo xeral) necesitan máis tempo e son pouco interactivas. Non sabía se sería boa idea sacrificar varias horas de clase para facer unhas redaccións aburridas, cando se poderían aproveitar para facer outras actividades. Unha solución que vimos nesta sesión foi a idea de comezar a clase con outras actividades (de produción oral, por exemplo) que darían pé para finalizar a sesión cunha de escrita. Un dos exemplos que vimos foi empezar a clase ensinando uns vídeos de Got Talent para que o alumnado vote polo seu favorito, e terminar cunha redacción sobre o vídeo que gañou. Mandar a actividade escrita para o final permite deixala para que a fagan ou terminen na casa; deste xeito poden ver o vídeo as veces que queiran e escribir a redacción con tranquilidade. Ademais, as actividades previas á redacción dálles unha “razón” para escribila ao final, que é outro punto moi importante.
Cando falamos de communicative approach, normalmente estamos pensando na produción oral, pero é algo que temos que aplicar tamén á escrita. Os estudantes necesitan ver a función comunicativa e a utilidade da escrita nas linguas estranxeiras; unha utilidade que é evidente no caso do inglés gracias a internet. A crecente popularidade de algúns foros coma Reddit ou (sobre todo) dos videoxogos online, obriga a moitos dos usuarios a escribir en inglés para poder comunicarse. Na aula probablemente non utilicemos estos medios, pero temos que propor actividades que lles dea unha razón para escribir; algo interesante, divertido ou útil que os motive. Temos que evitar as actividades de escrita arbitrarias de sempre, que resultan en 30 redaccións iguais e que non deixan espacio para a creatividade do alumnado. Como xa comentamos na sesión, os alumnos xa estarán fartos de escribir redaccións sobre a súa familia ou sobre algunha mascota.
Un exemplo que vimos na clase foi a actividade da Agony Aunt. Consiste en que algúns alumnos escriban problemas persoais reais, para que outros alumnos aporten consellos para resolvelos. Evidentemente, os problemas que escriban non poden ser moi serios; buscamos asuntos triviais para que ningún alumno se poida ofender coas respostas. Esta actividade permite varias posibilidades para organizar ao alumnado; pode escribir problemas unha metade da clase para que a outra metade escriba respostas; pode escribir problemas unha clase para que outra escriba respostas; ou poden facer ambas tarefas todos os alumnos da mesma clase. O Agony Aunt paréceme unha boa maneira de despertar a curiosidade do alumnado, coas preguntas e respostas que se plantexan. O simple feito de seren datos reais capta a súa atención. Se fosen preguntas inventadas polo docente, non tería o mesmo efecto.
En conclusión, para traballar coa produción escrita deberiamos ter en conta o communicative approach, igual que coa produción oral. Polo tanto, o concepto do information gap que vimos noutra entrada tamén ten relevancia en canto ás actividades escritas. Cando existe unha curiosidade real pola información, é probable que o alumnado se motive máis á hora de facelas. Coa escrita, tamén se pode conseguir esa motivación se propoñemos tarefas que permiten a creatividade e que se centran en temas interesantes e inusuales. Nesta sesión vimos varios exemplos prácticos (ademáis da Agony Aunt), coma os story cubes, a actividade de crear un poema ou o story starters de Scholastic. Unha vez máis, foi unha sesión moi productiva da que puidemos sacar unha gran cantidade de materiais e ideas para o futuro.
Que interesante o teu comentario sobre a necesidade da escrita para participar en foros de internet, non o pensara. Gracias por proporcionarme un argumento máis!
ResponderEliminar