Luz: 3ª tarefa

A miña proposta para a actividade de produción escrita é un writing que se levaría a cabo despois de realizar dúas pequenas actividades orais. Como vimos na clase, sempre é boa idea contextualizar as tarefas escritas en vez de mandalas sen máis; deste xeito, o alumnado ten unha "razón" para facelas, o que pode aumentar a motivación. Levaría a cabo as actividades a partir de catro imaxes, que podedes ver neste link.

Comezaría ensinando as imaxes individualmente, pedíndolle á clase que digan os adxectivos que se lles ocorran para cada unha delas. Algunhas das respostas que nos podemos esperar son: brave, amazing, beautiful, skilful, adventurous, cold, dangerous ou risky. Sería simplemente para repasar vocabulario e para que empecen a pensar nas imaxes, introducíndoas gradualmente. A continuación, dividiría á clase en grupos de 3-5 (dependendo do número de alumnos). Cada grupo tería que escoller unha das catro imaxes coma a favorita; daríalles cinco minutos para discutir. Unha vez que todos os grupos teñan a súa resposta, terían que xustificala brevemente: quizais admiren as habilidades do artista ou lles gustaría ver en persoa o paisaxe xaponés nevado.

Para a actividade escrita, individualmente, terían que inventar unha pequena historia sobre a imaxe que “ganou” na actividade anterior. As catro poden dar pé a historias moi simples ou a historias máis imaxinativas; iso xa depende de cada alumno. As únicas indicacións que lles daría serían as seguintes:

  • O texto debe ter unha extensión de aproximadamente cinco líneas.
  • A historia ten que rematar cun final moi aberto.

Unha vez rematen co texto, recollería todas as redaccións (sen nomes) para repartilas de novo pola clase. Deste xeito, cada alumno tería a historia de algún compañeiro. Como traballo para a casa, terían que rematar a historia que lles tocou, escribindo outras cinco líneas. O día seguinte leríanse en alto algunhas delas. O obxectivo da actividade, ademáis de practicar coa produción escrita, é que exerciten a creatividade e amosen interese polas creacións dos compañeiros. Creo que terían curiosidade por ver como rematou a historia que empezaron.

Esta actividade realizaríase nunha clase de 1º ou 2º de bacherelato e tería unha duración de 50 minutos dado á extensión da actividade escrita.

Comentarios

  1. Estpenda actividade. Gústame moito a idea de que se interesen polas produccións dos compañeiros, é moi importante que aprendan a compartir, aceptar e ao mesmo tempo ser capaces de criticar dun xeito construtivo, sen ferir.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Sesión conxunta: reflexión

Ana: 2ª sesión

Sesión final