Sesión conxunta: tarefa
Para a miña tarefa da sesión conxunta, vou a propor unha actividade que encaixaría nunha sesión de titoría. O tema a tratar serían as relacións, centrándose na identificación de relacións tóxicas e tamén no que se pode considerar “normal” cando tes unha parella. Creo que é un tema importante, especialmente tendo en conta a idade do alumnado da ESO; moitos estarán entrando nas súas primeiras relacións e algunhas poden chegar a ser problemáticas. Como docente de inglés, aproveitaría para utilizar a lingua nesta sesión; toda oportunidade é boa para que os alumnos practiquen coa lingua en situacións reais. Antes de comezar coa actividade, faría un pequeno warm up , dividindo á clase en grupos de 4-5. Primeiro pediríalles que cada grupo dixese características que debería ter unha parella ideal, e iria facendo unha lista no encerado coas suxestións. A continuación, faría o mesmo pero con carácterísticas de relacións tóxicas. Deste xeito acabariamos con dúas listas opostas, unha ao lado d...