Entradas

Mostrando entradas de enero, 2018

Luz: 2ª tarefa

Imagen
Para a miña actividade a partir dunha foto, comezaría cunha imaxe do Monte Everest que atopei en Google. Como non ten nada en especial, só faría unha pregunta: what mountain is this? Probablemente respondan correctamente ao instante; senón, simplemente lles daría esta pista: it’s the highest mountain on the planet . A continuación, preguntaríalles se lles gustaría chegar á cima algún día, e que explicasen brevemente as súas razóns. Unha vez o fagan, diríalles (bromeando) que é algo que recomendo e que foi algo que fixen eu o ano pasado. Ante as súas reaccións de incredibilidade, ensinaría a imaxe principal como “proba”. Trátase dunha foto miña na cima do Monte Washington, en New Hampshire. En canto a vexan, daríanse conta de que, evidentemente, estaba bromeando. Aproveitando esta imaxe, empezaría coa seguinte pregunta: Why are you so sure that this isn’t Mount Everest? As respostas que busco serían comentarios sobre a miña vestimenta e as condicións meteorolóxicas. A continuaci...

Luz: 2ª sesión

Imagen
Nesta sesión seguimos vendo actividades novas de xeito práctico, esta vez centrándonos na produción oral. Foron moitas e moi interesantes, e por fin puidemos ver como se utilizaron as curiosidades que escribimos sobre nós mesmos na primeira sesión. O crucigrama foi unha actividade simple pero moi divertida, que permite que os alumnos se coñezan un pouco máis mentres practican coa lingua, que é o máis importante. Para os alumnos, este tipo de actividades nas que poden andar pola clase facéndolles preguntas aos compañeiros, pode parecerlles “tempo libre” na aula. Están tan acostumados aos exercicios de repetición e ás actividades orais aburridas de sempre, que lles sorprende facer unha actividade interesante. Como docentes, deberíamos aprobeitar ao máximo este tipo de actividades na aula para incentivar a participación. Como dixemos na clase, os exercicios de repetición tamén son necesarios pero podémolos deixar para os deberes. A participación é fundamental para traballar coa p...

Ana: 1ª sesión

Imagen
Nesta primeira sesión con Ana seguimos vendo exemplos prácticos de exercicios que podemos utilizar na aula, centrándonos na comprensión oral. Para comezar, ademais de ensinarnos dúas actividades que serven para acordarnos dos nomes do alumnado, Ana dounos uns consellos bastante interesantes. Cando nos enfrontemos a un grupo novo, o principio é fundamental. A nosa actitude e as súas reaccións nas primeiras clases van a condicionar as opinións que teñan sobre a materia e o docente. Se empezamos a primeira semana con actividades divertidas e dinámicas, é probable que o alumnado teña unha actitude máis positiva a próxima vez que entremos na aula; unha actitude que pode mellorar o comportamento e a motivación durante as horas da materia que impartimos. Cando un grupo non colabora, é moi fácil culpar á adolescencia, pero a realidade é que moitas veces son os propios docentes os que crean  ambientes negativos na aula. Se nos dedicamos a facer exercicios aburridos, nos centramos na esc...

Luz: 1ª tarefa

Actividade “ would you rather ” Esta actividade está diseñada para a materia de inglés de 4º da ESO. Sería eficaz para traballar co uso de would e a second conditional , e a súa duración sería de 40 minutos. Este exemplo non está pensado para ningunha unidade didáctica en concreto, pero as preguntas pódense modificar para adaptarse á temática da unidade que sexa. Trátase dunha actividade de would you rather con cinco preguntas. Para cada unha delas, os alumnos terían que elixir unha de dúas opcións hipotéticas propostas e explicar as súas razóns. Empezaría dividindo a clase en parellas (escolleitas polo docente ou os propios alumnos, en función da clase) e expoñendo as cinco preguntas no proxector. Para comezar, 5 voluntarios leerían as preguntas en alto para que todos empezasen a ter ideas. Cada parella tería que chegar a un acordo para cada unha delas, ademáis de ter preparadas cinco frases utilizando o second conditional (por exemplo: If I could explore space, I would tr...

Luz: 1ª sesión

Imagen
Na primeira sesión que tivemos con Luz notei un enorme cambio con respecto ás outras clases. Foi evidente a súa experiencia como profesora de instituto, xa que nos puido aportar exemplos concretos tanto de actividades como de traballo feito por adolescentes; pódenos dar unha idea do que nos podemos esperar nas prácticas, que xa están cerca. Nesta sesión centrámonos nas competencias clave, que foron establecidas pola Unión Europea e que son indispensables para a formación dos cidadáns. Transmiten, entre outros, uns valores que fomentan o respecto cara as demais persoas, as culturas e o medio ambiente. As competencias clave coñecémolas dende o principio deste mestrado, e xa sabiamos que as hai que integrar na aula. Como profesores de linguas estranxeiras, resúltanos doado traballar coa competencia en comunicación lingüística, por exemplo; pero hai outras, coma a competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía que me deixaron con dúbidas. Por sorte, nesta...

Tema 1 - DIARIO

Imagen
Como xa vimos no dosier deste primeiro tema, vimos unha ampla variedade de contidos en dúas sesións. A algúns deles (coma o repertorio lingüístico, a didáctica de linguas, ou as etapas de aprendizaxe) dedicámoslle máis tempo, mentres que outras cuestións se reduciron a uns poucos comentarios. Entre elas, unha das que máis interesantes me pareceron foi o concepto e o tratamento do erro na aula. É algo que se mencionou tamén noutras materias do máster, pero no que non chegamos a afondar. Cómo debe actuar un docente ante os erros do alumnado? Na segunda sesión comentamos que é imprescindible proporcionarlles feedback se queremos que avancen. Os erros son moi importantes no proceso de aprendizaxe dos alumnos, sobre todo cando se trata da aprendizaxe de linguas estranxeiras. Cando se estuda unha lingua, o normal é cometer todo tipo de erros cando se empeza a utilizar na fala ou na escrita, ou cando intentamos aplicar coñecementos gramaticais ou léxicos novos. Formulamos oracións p...

Tema 1 - DOSIER

Imagen
No primeiro tema da asignatura Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras , vimos as diferenzas,  as semellanzas e as relacións entre as linguas iniciais, segundas e estranxeiras. Empezamos cunha actividade grupal que consistiu en facer un diagrama de Venn. Tivemos que escribir as ideias que tiñamos sobre as diferenzas e os puntos en común das linguas maternas e estranxeiras. Algunhas das que se nos ocurriron no meu grupo foron as seguintes: Materna: Adquisición natural; uso diario; aprendese escoitando, falando, lendo e escribindo (nese orde); forma parte da nosa identidade persoal Estranxeira: Adquisición programada; uso especifico; é un complemento (non forma parte da nosa identidade) Ambas: uso comunicativo; ensinanza rixida (na aula); son o reflexo dunha cultura Foi unha actividade interesante para reflexionar un pouco sobre o que xa sabiamos antes de ver a teoría correspondente. Cando xuntamos as respostas de todos os grupos, tiñamos todos unhas cant...