Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2017

Actividade sesión virtual

Imagen
Nesta entrada vou a publicar a actividade correspondente á sesión virtual do día 20 de diciembre. Deseñei dúas actividades elixindo unha metodoloxía pedagóxico-didáctica diferente para cada unha. A primeira vai ser por proxectos e para a segunda elixín o método comunicativo. As dúas serian para a materia de primeira lingua estranxeira (inglés) de primeiro de bacharelato. Pertencen a unha unidade didáctica centrada na temática do medio ambiente, que pode dar moito xogo á hora de debatir e buscar información. Aprendizaxe por proxectos O aprendizaxe por proxectos é unha metodoloxía pedagóxico-didáctica coa que a clase se centra arredor dunha tarefa principal. Todos os contidos e exercicios van a estar deseñados de cara a realizar esa tarefa, que é o obxectivo final do proxecto. Durante o proceso, os alumnos son os protagonistas do proceso de aprendizaxe; traballan en grupos, utilizando a lingua inglesa coma unha ferramenta para desarrollar tanto as catro destrezas ( listening , s...

Temas 7 e 8 - Diario

Imagen
A maior parte da teoría dos dous últimos temas vímola a través das presentacións que preparamos. Persoalmente, pareceume máis interesante o tema sete. Puidemos ver realmente a complexidade dun sistema educativo de éxito. Hai moitos factores a ter en conta, desde o esforzo persoal do alumnado ata a formación do profesorado ou o presuposto destinado á educación. Ademais, coma con todo, é moi importante o contexto social e económico de cada país. Un sistema de éxito como pode ser o finlandés non necesariamente vai a funcionar se se implementa en España ou en Estados Unidos, nin se vai a parecer a outro sistema de éxito doutra parte do mundo. De feito, como puidemos comprobar coas presentacións dos nosos compañeiros, o sistema educativo de Finlandia é moi diferente ao de Corea do Sur. Ambos son sistemas educativos de éxito, pero son dous modelos moi distintos. O de Corea do Sur é moi duro para os estudantes, quenes se teñen que esforzar moito. Están baixo unha enorme presión para obte...

Temas 7 e 8 - Dosier

Imagen
Nesta entrada imos ver as actividades que fixemos na última sesión da asignatura. Empezámola rematando o tema 6, cun debate piramidal. Foi sobre a conexión no ensino das diferentes linguas en secundaria (o castelán, o galego e as dúas linguas estranxeiras). Coordinábanse os docentes destas materias para non repetir demasiados contidos ou actividades? Comunicábanse polo menos? O debate rematou rapidamente, chegando á conclusión de que nos institutos aos que asistimos non había ningún tipo de coordinación entre os docentes destas materias. A verdade é que nunca pensei no útil que podería ser a cooperación entre os docentes de linguas. Pode ser útil para reducir contidos repetitivos, e incluso para ensinar certos elementos que poden facilitar a aprendizaxe de varias das linguas impartidas. A segunda actividade fixémola coa técnica do Puzzle de Aronson. Dividímonos en grupos e cada un deles elixiu unha unidade dun libro de texto. Cada membro do grupo pasaba a ser o “experto” nunha...

Presentación: O sistema educativo de Xapón

Imagen
Tedes aqui un link coa presentación powerpoint que utilicei na clase. Centreime en catro puntos importantes que explican o éxito do sistema educativo de Xapón. Engadín algúns datos que dixen durante a presentación - tal e como estaba era demasiado esquemático. Referencias OECD (2011), Lessons from PISA for the United States, Strong Performers and Successful Reformers in Education , OECD Publishing. Recuperado de: http://dx.doi.org/10.1787/9789264096660-en

Tema 6: Metodoloxía CLIL/AICLE - DIARIO

Imagen
Este tema pareceume moi interesante, sobre todo a parte das seccións bilingües. A importancia de aprender unha lingua estranxeira hoxe en día está clara – non vou a repetir o de sempre; pero hai quen pensa tamén que hai demasiada obsesión por aprender inglés, por exemplo. Estase convertindo nunha necesidade para encontrar traballo e cada vez hai máis pais que mandan aos fillos a academias cando teñen só catro ou cinco anos. Agora o plan EDUlingüe pretende que o 30% dos docentes de Galicia teñan un nivel C1 certificado en dous anos, como comentei no dosier; algo que sería moi complicado incluso tendo unha base na lingua. Coas sección bilingües hai materias non lingüísticas, coma xeografía ou historia, que se imparten en inglés. Está claro que cada vez hai máis presión co aprendizaxe do inglés, e aínda que non estou a favor dos outros puntos que mencionei, creo que as seccións bilingües poden ser algo moi positivo. Aprender un idioma a través dos contidos de outra materia pode ser m...

Tema 6: Metodoloxía CLIL/AICLE - DOSIER

Imagen
Este tema empezámolo pensando nas diferencias entre as seccións bilingües e os centros plurilingües, e a verdade é que non as tiñamos nada claras. As seccións bilingües refírense a materias non lingüísticas que se imparten nunha lingua estranxeira polo menos ao 50%. Por outro lado, os centros plurilingües son aqueles nos que se imparten varias materias (cun máximo dun terzo das totais) na lingua estranxeira. Unha vez explicadas estas diferenzas, comentamos unha serie de obxectivos propostos pola Xunta. Tratábase do plan EDUlingüe: tal e como pon no documento que vimos, é un plan que pretende estender o plurilingüismo a 200.000 alumnos e promover o seu ensino integral desde infantil ata a universidade cun presuposto de 70 millóns de euros. A conclusión á que chegamos todos ao ler detidamente o documento foi que é demasiado ambicioso. Os obxectivos que propón son totalmente inalcanzábeis para o ano 2020. Cómo van a lograr que o 30% dos docentes galegos poidan conseguir unha cert...

Tema 5: As programacións didácticas vixentes – DIARIO

Imagen
Se tivese que destacar un apartado deste tema sería sen dúbida a avaliación; concretamente as aclaracións que vimos sobre os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe . Son uns conceptos que nos ensinaron na materia de deseño curricular pero que causaron confusión no noso grupo á hora de elaborar as nosas unidades didácticas. Como xa mencionei no dosier deste tema, vimos este  vídeo, que explica moi ben o proceso de avaliación nos centros de Educación Primaria e Secundaria a partir da LOMCE; explícao dunha maneira moi comprensible, deixando claro o que significa cada un dos conceptos implicados, incluíndo os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe. Os criterios de avaliación defínense mediante unha serie de verbos en infinitivo e cada un refírese a unha capacidade que ten o alumnado. Aquí tedes dous exemplos que se poden atopar no currículo de terceiro da ESO para a materia Primeira Lingua Estranxeira: B1.1. Coñecer e saber aplicar as estratex...

Tema 5: As programacións didácticas vixentes - DOSIER

Imagen
O tema cinco empezámolo con outro debate piramidal; unha técnica que xa expliquei no dosier anterior. Neste caso tivemos que escoller os tres aspectos que nos parecían máis importantes nunha programación didáctica. Ao principio, os tres aspectos que decidimos foron os contidos , a metodoloxía , e a avaliación . O aspecto dos contidos escollémolo case sen pensar, como se fose algo obvio; pero cando consideramos algunhas das outras opcións máis detidamente, decidimos cambiar esa opción por os obxectivos. Neste debate, a diferencia do primeiro, non houbo ningún problema para poñerse de acordo unha vez chegado aos grupos de oito ou ao grupo completo. De feito, a conclusión final foron os mesmos tres aspectos que tiñamos en mente dende o principio: os obxectivos , a metodoloxía e a avaliación . Antes de rematar a primeira sesión deste tema, utilizamos de novo o Kahoot! . A seguinte sesión empezámola repasando as fontes do currículo, que é algo do que nos acordábamos do módulo común. A...

Tema 4: O Deseño Curricular - DIARIO

Imagen
Este tema trata sobre o deseño curricular, que como se argumentou no debate da primeira sesión, é un aspecto indispensable de cara a función docente. A definición de currículo é a seguinte: regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas. Os seus contidos van a definir como temos que levar a cabo o noso traballo, e por iso é importante coñecer ben os seus elementos: obxectivos de cada ensinanza e etapa, as competencias, os contidos, os estándares de aprendizaxe avaliábeis, os criterios de avaliación e a metodoloxía didáctica. En xeral, os contidos do currículo para as linguas estranxeiras na ESO e no bacharelato parécenme bastante positivos. Por exemplo, as metodoloxías que favorecen o aprender a aprender, o traballo en equipo ou o pensamento crítico; ou o sistema de avaliación continua, formativa e integradora. Son elementos moi positivos, pero creo que todos (ou case todos) estariades de acordo cando digo que non se ...

Tema 4: O Deseño Curricular – DOSIER

Imagen
Na primeira sesión co docente Gonzalo Constenla, empezamos con unha pequena introducción a esta segunda parte da materia, na que vimos os contidos que imos estudar, os métodos de avaliación e os traballos que temos que levar a cabo. Despois desta presentación fixemos catro actividades que vou a comentar a continuación. A primeira foi un debate no que tivemos que decidir cal nos parecía o máis importante entre os temas que quedaban por ver nesta materia. As opcións eran as seguintes: ·          Tema 4: O deseño curricular. ·          Tema 5: As programacións didácticas vixentes. ·          Tema 6: Seccións bilingües e plurilingües. Metodoloxía CLIL/AICLE. Os proxectos lingüísticos de centro (PLC). ·          Temas 7 e 8: Metodoloxías en Europa e o mundo. Para levar a cabo este debate, empregamos o sistema piramid...

Tema 3: Traballo por proxectos

Imagen
Os traballos por proxectos son unha ferramenta moi útil para os docentes de linguas estranxeiras, xa que poden romper coa monotonía das aulas. En lugar de facer constantemente exercicios de gramática con frases soltas, esta metodoloxía consiste en propoñerlles aos alumnos un obxectivo que terán que acadar mediante a aplicación dos coñecementos obtidos nas diferentes actividades. Trátase de que utilicen a lingua nun contexto real e non só para encher ocos en exercicios repetitivos. Normalmente lévanse a cabo en pequenos grupos de alumnos que terán que traballar en conxunto. Desta maneira traballan habilidades imprescindibles coma a colaboración e a comunicación. Ademáis, o feito de poder traballar coa lingua estranxeira dunha forma máis práctica e entretida, e o feito de traballar en equipo, pode aumentar a motivación do alumnado. A temáticas dos proxectos poden ser moi variadas tratándose dunha asignatura de linguas. O docente pode elixir calquera das do libro de texto ou incluso prop...

Tema 2: Problemas no ensino de linguas estranxeiras

Imagen
España debe cumplir uns obxetivos marcados pola Unión Europea en canto á educación para o ano 2020, algúns dos cales teñen que ver co ensino das linguas estranxeiras. Centranse en elementos coma o plurilingüismo, a mobilidade, a empregabilidade e o respeto pola diversidade cultural, como vimos no primerio tema. Na segunda clase centrámonos nos problemas que poden xurdir, por parte do alumnado, para o cumprimento destes obxectivos e que poden xurdir á hora de impartir clase de linguas estranxeiras. As dificultades ás que se verán enfrontados os docentes poden ser de diversos tipos: de madurez, dados aos cambios físicos e mentais que experimentan os adolescentes; problemas de saúde ou discapacidade, que poden desmotivar ou incluso aislar ao alumno ou alumna dos compañeiros; ou problemas sociais ou familiares, que poden levar tamén á desmotivación ou á exclusión. Son problemas que terá que ter en conta o profesorado dos centros educativos á hora de programar as actividades ou as sesións ...

Tema 1: O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas

Imagen
Nesta primeira clase falamos sobre o Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCERL), que nos proporciona unha descripción dos coñecementos e das destrezas necesarias para comunicarse nunha lingua extranxeira. Comentamos sobre varios dos seus puntos fundamentais, como por exemplo o contexto político e educativo. Nel destácase, entre outros elementos, a importancia de facilitar a cooperación entre as institucións educativas de distintos países, de preparar aos europeos para unha mobilidade internacional e de tolerar e respetar a diversidade cultural. Outros puntos importantes son o enfoque orientado á acción (no cal me vou a centrar nesta entrada), os niveis comúns de referencia, os diferentes contextos nos que os alumnos poderían facer uso das linguas estranxeiras, a conciencia intercultural que proporcionan as linguas, a propia aprendizaxe e os diferentes factores a ter en conta para a elaboración de tarefas. Destácase tamén a necesidade, a nivel europeo, de que os cidadáns...